Mércores. 24.04.2024
El tiempo

#SoandoconForza: Imhotep e Rusty Nuts, dous nosos proxectos musicais costeiros

nada copia 2
Capas dos EP de Imhotep e de Rusty Nuts
#SoandoconForza: Imhotep e Rusty Nuts, dous nosos proxectos musicais costeiros

Esta semana presentamos dous novos proxectos musicais da Costa da Morte.

Imhotep

Por un lado o novo proxecto musical do carballés afincado en Malpica, Pablo Moreira chamado Imhotep, no cal rinde homenaxe a todos os directores de cine de terror que tanto o marcaron ó longo da súa vida.

De momento é un Ep de catro cancións ¨In The Mouth of Madness¨ que se poden gozar en Bandcamp.:
- Freakula (Tod Browning).
- Dawn of the Living Dead (George A. Romero).
- The Crow Files to the House of the Usher (Roger Corman).
-The Thing escapes to the Fog (John Carpenter).

Rusty Nuts

Dende Carballo tamén debuta cun EP de cinco cancións titulado ¨No Time¨ a banda de punk rock Rusty Nuts, o EP foi publicado este pasado mes de maio.
Rusty Nuts, con influencias da escena punk californiana, nace en 2021 coa seguinte formación: Capi (baixo e coros), Noel (guitarra, coros e voz), Rama (guitarra e voz) e Zas (batería e coros).

MÁIS PARECIDOS RAZONABLES

CARA B

#SOANDOCONFORZA

Comentarios