Carballo estreou a presidencia da asociación Alingua

Carballo acolleu unha asemblea xeral que reuniu a representantes de 14 concellos

O compromiso do Concello de Carballo coa lingua está máis que demostrado. Pero o reflicte unha vez máis coa asunción da presidencia da  Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega (Alingua). Durante os vindeiros 4 anos Carballo será a sede da entidade, nun momento tan crucial para a nosa lingua.

Onte celebrouse a asemblea na que o concelleiro Ramón Varela queda ademais nomeado como novo presidente, coa presenza dos concellos da Baña, Betanzos, A Coruña, Ames, Moaña, Narón, Pontevedra, Rois, Santa Comba, Santiago de Compostela, Teo, Val do Dubra e Vilagarcía de Arousa.

Liñas de actuación

Na sesión aprobaron as accións feitas ao longo do ano e as do vindeiro. Lembraron a campaña "É túa. Pásaa!" que inclúe un vídeo musical de Fátima Pego e Grande Amore; O gran reto, unha serie web con formato de vídeo blog; ou o catálogo de referentes, entre os que
figura a carballesa Verónica Bolón.

De cara ao 2025, adirectiva xa mantivo un primeiro contacto con Rosario Álvarez Blanco, presidenta do Consello da Cultura Galega, para realizar algunha delas de maneira conxunta.