mércores. 30.04.2025
El tiempo

A Costa da Morte continúa a ser o gran refuxio da lingua galega en Galicia

Informe Linua IGE 2024 copia
A Costa da Morte continúa a ser o gran refuxio da lingua galega en Galicia

A semana pasada o Instituto Galego de Estatística publicaba un informe dramático sobre o declive do galego en Galicia. Un informe, baseado en 10.000 enquisas polos fogares que certifica que xa son máis as persoas que utilizan sempre o castelán (un 29,66%) que as que usan de forma habitual o galego (un 24,37%).

Nunca ata o de agora (o último informe é de 2018), o castelán se situara por diante do galego como lingua máis utilizada no país. Nos últimos 20 anos, a porcentaxe de residentes en Galicia que fala sempre na lingua de Pondal pasou do 43% (2003) ao 24,37% (2023).

Mentres a Xunta argumenta a chegada de cidadáns de fóra, e intenta reverter os dramáticos datos coa idea de que a día de hoxe case todo o mundo “sabe galego” (94% das persoas comprende o galego e un 84,35% da sociedade "ten competencias" na escrita), a realidade é que o uso, o verdadeiro motor de vida dunha lingua, está en claro retroceso.

Todo ademais aderezado polos problemas que ten a lingua na rede, como nos contaba tamén Anxo Sánchez, que se demostra no feito de que o 82% dos galegos e galegos escribirmos habitualmente en castelán.

A Costa da Morte, refuxio lingüístico

Quédanos, en calquera caso, a única boa nova de que a Costa da Morte é as que presentan maiores porcentaxes de poboación que fala habitualmente en galego sempre (83%) ou máis galego que castelán (85%).
En contraposción, a área de Vigo (20%), a da Coruña (25%) ou a de Ferrol (28%).

O ensino como axente castelanizador

Unha das conclusións máis graves do informe é que un dos axentes máis castelanizadores é o ensino. Se un 38,42% da poboación no país educa aos seus fillos en galego, a realidade é que hai apenas un 7,04% de nenxs de entre 5 a 14, e un 12% de entre 15 a 29 que utilicen a lingua en todos os ámbitos da vida.

Un dos claros axentes castelanizadores, segundo o informe, é a escola, identificando as idades de entre os 2-3 e os 6 como momentos chave no cambio da lingua galega á castelá. Ten aí a administración autonómicaalgunha responsabilidade

Máis novas

Comentarios