Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Carballo e Ponteceso, únicos concellos costeiros adheridos á rede Alingua

Carballo rede alingua
A campaña "É túa. Pásaa" xa está nos edificios municipais
Carballo e Ponteceso, únicos concellos costeiros adheridos á rede Alingua

Xa está en marcha a nova campaña de "Alingua, Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega". A entidade, da que forman parte os Concellos de Carballo e Ponteceso, entre outros de toda a xeografía galega, lanza xa a súa nova campaña "É túa. Pásaa!", para apelar ao uso do galego no individual e no colectivo. Unha campaña enfocada principalmente cara a mocidade, cunha pegadiza canción de estilo electro-latino realizada por Fátima Pego e Grande Amore como primeira aposta.c


Xunto ao vídeo, no mes de maio estrearase nas distintas canles de Alingua a webserie en formato vlog O gran reto, na que tres persoas castelanfalantes amosarán a súa experiencia vivindo en galego durante 21 días. "Queremos que a xente se implique neste gran reto de probar a falar galego, e non só durante as tres semanas que dura, senón que se atrevan a dar o paso de falar esta lingua, pois para que unha lingua teña futuro, precisa falantes”, explicaron na rolda de prensa.

Alingua tamén publicará nas súas redes sociais os próximos meses entrevistas a persoas de diversos ámbitos que achegarán as súas vivencias coa lingua, novos recursos en galego ou sorteos para visitar o fondo mariño, entre outros contidos.

Comentarios