Carballo, fervedoiro do talento dixital galego co Interplay

Sara Seco, nom edio, recolleu o premio á Mellor Creadora Dixital no Carballo Interplay 2025. Foto: Aigiboga

Que pasada ver como Carballo se afianza como berce do talento emerxente do país gracias ao Interplay. Durante a fin de semana, ademais das grandes actuacións que lle permitiron dar un saltito ao festival, e das webseries chegadas de todas partes do planeta, seguramente o máis destacado sexa ver que a vila bergantiñá xa é un referente en toda Galicia de aposta pola creatividade, polo talento dixital do país. As persoas que van xerar cultura nos vindeiros lustros en Galicia pasan ano tras ano por Carballo, agradecendo o compromiso do Concello e deste festival que durante 12 edicións segue apostando pola promoción das novas creadoras.

Así se notaba na festa de despedida na aXamonería, cando o vermú a rimo de NingúnDJ, se mesturaba co vermú do feirón; ou cando a xente que entraba a comprar no mercado escoitaba os aplausos da entrega de premios que se celebraba no salón superior.

Sonia Méndez e Xose Regueira, as dúas almas do Interplay

Porque así se pechou esta XII edición do Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay. A Gala de Premios foi unha festa da creación dixital en galego, cunha entrega de premios dirixida por Miguel Canalejo e Belén Puime (canteira Interplay e xa arrasando en todas as plataformas). As directoras Sonia Méndez e Andrea Villa destacaron desta edición a “especial atención á problemática da lingua nun ano no que o Carballo Interplay consolida o seu apoio á creación dixital en galego”. Ademais, amosaron a recepción “sen precedentes” de todas as actividades da programación na edición “máis social” ata o momento, unha liña de “pensamento e debate” que seguirán en próximas edicións.

Rebelico Revista recibindo o premio por teléfono mentres recolle unha amiga do Faiado Podcast

 

Na categoría de Mellor Canle o galardón e o premio de 600€ foi para Rebelico Revista, un proxecto multimedia sobre a cultura tradicional galega, no que se valorou a calidade do pitching do proxecto e a “profesionalización da canle no último ano que mellora significativamente a súa calidade”.

Ademais, na categoría de Mellor Creadora o premio, tamén de trofeo e 600€, foi para a tiktoker e creadora de contido Sara Seco. O xurado despois de valorar o pitching destacou o “saber monetizar a desgraza, facernos rir con contido de lifestyle e da súa aventura no xulgado de Rianxo, así como explicar con calidade o seu proxecto creativo”.

Tamén na liña de promoción da nosa lingua, o premio á Mellor Produción, pola súa banda, apoia proxectos en desenvolvemento cunha dotación de 3.000€ que o equipo destinará á produción do mesmo. O premio ten como obxectivo a incentivación e o fomento da creación e a difusión de contidos audiovisuais orixinais en lingua galega en internet. O xurado otorgou o premio ao proxecto “Epidemia Invisible”, do xornalista Román Varela. Unha proposta documental para tratar o tema da problemática da saúde mental en Galicia mesturando testemuñas e investigación. O xurado valorou do seu pitching como “aborda unha problemática contemporánea cunha clara exposición argumentativa desde diferentes puntos de vista”.

Bob Pop no Interlay. @aigiboga
Facu e Maldonado con Ana Polo no Interplay. @aigiboga

As webseries

A Sección Oficial de series contou nesta edición con vinte proxectos de ata 12 países. O Xurado Oficial, formado polo xornalista e guionista Bob Pop, o cineasta Jorge Boquete e a actriz e creadora de contido Albanta San Román destacou a gran calidade e diversidade da seleccion.
O premio á Mellor Serie foi para “The Pearl (Let´s make peace)”, unha comedia de Irán feita con stop motion dirixida por Abdollah Alimorad . O xurado destacou como ”une técnica, fondo e forma para remitir a memorias infantís” e o seu “espírito conciliador”. “Triple oh!” recibiu unha mención especial pola súa “frescura, descaro e o plantexamento de situacións inverosimíles e libres”. Ademais, foi a que máis conquistou ao público, quen lle otorgou coa súa votación o Premio do Público.

Na categoría de Mellor Dirección o gañador foi o canadiense Alec Pronovost, pola serie de comedia “J'adore le jus”. O xurado destacou como logra “a dirección dunha serie que combina xéneros dun xeito brillante e, aínda co seu exceso de testosterona, amosa unha masculinidade que resulta non ser tóxica como otros productos contemporáneos”. Nesta categoría a mención especial foi para “My Dead Mom”, tamén de Canada, “unha gran serie que funciona dentro e fóra de festivais”.

O Xurado Novo, formado por Celia Eiras, Lara Caeiro e Antía Rodeiro decidiu premiar á serie galega “A moza que abortou e o contou” da directora Eire Cid, proxecto que xa gañou no Carballo Interplay o Premio a Produción en 2023. Outorgoulle unha mención especial a “Ça prend pas la tchas à Papineau”.

Máis novas do Interplay