luns. 19.05.2025
El tiempo

O Carballo Interplay dá un salto da man do humor político

Facu y Maldonado no Carballo Interplay boa copia
Facu y Maldonado no Carballo Interplay
O Carballo Interplay dá un salto da man do humor político

Pequeno salto o pegado onte polo Carballo Interplay. Despois da exitosa xornada inaugural, o festival de contidos dixitais acollía un dos eventos máis mediáticos desta duodécima edición, enchendo o salón do Mercado Municipal. Máis de 360 rapaces e rapazas (agotadísimo dende o primeiro día das entradas) de toda a provincia (cunha importante parte carballesa) mandaron unha mensaxe esperanzadora a esta sociedade, ao rir cada un dos chistes políticos de Facu y Maldonado. 

O show dos dous humoristas, "Quieto todo el mundo", que conta con centos de milleiros de siareiros ao longo do estado, foron os protagonistas da sección "Rajando con…", facendo a delicia de varias xeracións, ávidas da satírica política e o humor máis crítico. A resposta foi inmellorable e supón un paso adiante na apertura a un público máis aberto dun festival, que este sábado conta tamén cos espectáculos de Bob Pop e de Ana Polo, moi mediáticos tamén e para os que quedan as últimas entradas.

En galego ata EEUU

Andy Chichester con Fede Perez no Interplay Carballo de aigiboga.com-9452
@aigiboga

Unha das citas máis esperadas e emotivas do festival deuse tamén esta psada noite. O televisivo mazaricán Fede Pérez presentou o  o “Encontro con Andy Chichester”. O estadounidense neofalante, debullou como conectou coa cultura e a lingua galega e a visión que ten da mesma. Chichester é un dos membros máis queridos da comunidade dixital galega de poder “desvirtualizalo” foi un momento moi esperado polos seus amigos dixitais.

Tamén durante a mañá do venres desenvolveuse  podcast galego do momento, "O Faiado", programa galego en tendencia gañador do pitching a mellor proxecto dixital en galego (na categoría de canle) da última edición do Interplay. Neste programa especial conversaron con con Javier Ferreiro e Blanca Martínez, director e actriz de Mariliendre. Unha conversa sobre a inclusión do colectivo queer en proxectos audiovisuais ou sobre o propio termo “mariliendre” nunha conversa aberta e divertida que foi anticipo a estrea da propia serie pola tarde. Mariliendre, a serie de Atresmedia e Suma Content, fixo a súa preestrea galega no Carballo Interplay.

 

Durante a tarde os creadores e creadoras de contigo en galego tomaron o protagonismo. Os finalistas aos premios de Mellor Canle e Mellor Creador/a de creación dixital en galego presentaron os seus proxectos ante o xurado, demostrando a diversidade de contidos e formatos que ofrece a rede galega.

Zona PRO

ZonaPRO do Carballo Interplay de aigiboga w
ZonaPRO do Carballo Interplay. Foto: @aigiboga

O venres, con gran acollida tamén comezou coa Zona Pro, un espazo no que se explorou o fenómeno do true crime, o seu formato, o estilo a ambientación, así como conflictos éticos, da man de dous proxectos galegos premiados pola iniciativa Radar Podcast Spotify. Participaron Coral do Rego e Álvaro Freijo, do podcast “Sofá, manta y crimen” , Ana “Morellana” creadora de “La crónica oscura” e Jesús Carbón, responsable de partnerships con creadores, medios de comunicación e productoras de podcasts en Spotify España. Durante a mesa reflexionaron sobre a ética que aplican cando tratan os casos de crimes nos seus programas e as razóns polas que é un xénero que fascina a tanto público.

A seguinte mesa da Zona Pro protagonizouna o Celta de Vigo coa visita de parte do equipo de comunicación dixital do clube. A conversa tratou a súa estratexia de comunicación en redes sociais, a decisión de comunicar en lingua galega ou accións que se voveron virais como a colaboración con C. Tangana, así como momentos como o das artistas Fillas de Cassandra ou Abraham Cupeiro tocando en directo en Balaídos.

Menú do sábado

O sábado o Carballo Interplay comeza a súa recta final, o último día de programación durante toda a xornada, xa que o proximo domingo festexará a súa gala de premios.
Durante a mañá o Mercado de Carballo será un espazo de reflexión e aprendizaxe. O primeiro panel foi o titulado “Abajo el trabajo”: nun mundo de continua transformación de tendencias os espazos dixitais e culturais demandan novos productos, e contidos, con gran
rapidez, algo que pode contrastar co discurso de moitos creadores e creadoras de contido.
Juana Dolores, Christo Casas e Puto Mikel, tres pensadoras e creadoras anticapitalistas especialistas en eidos tan diversos coma o xornalismo, a arqueoloxía ou as artes dramáticas debatirán neste panel sobre preguntas como “pódese vivir da creación sen autoexplotarse?”

Co obxectivo de axudar a difundir os discursos de creadoras que buscan defender os dereitos de todas o panel “Comunicar na diversidade” xuntará a algunhas das creadoras e comunicadoras máis relevantes que hai neste momento na loita antirracista e contra a xitanofobia como Chaimaa Boukharsa, Lucía Mbomío, Voria Stefanovsky e “Guru” Jiménez.

Durante a tarde será o momento de gozar do podcast Keep it cutre, un programa de Ángela Enche e Albanta San Román que chega por primeira vez en directo a Galicia. Bob Pop presentará a sección habitual do Carballo Interplay, “Código Fonte Audiovisual”, na que repasará algunhas das súas influencias audiovisuais.

A crise da vivenda é un dos grandes temas na axenda diaria e chegará tamén á nova edición do Carballo Interplay da man da cómica Ana Polo. No espectáculo “Aquí no hay quien viva” Polo seguirá o formato de El Precio Justo para falar e xogar xunto ao público do prezo ao que se atopa a vivenda. Contará con Facu Díaz e Miguel Maldonado como convidados especiais.

Máis novas

 

Comentarios