sábado. 09.11.2024
El tiempo

O Carballo Interplay pechou a súa 10ª edición

Festival Carballo Interplay-Foto-AigiBoga
Foto-AigiBoga
O Carballo Interplay pechou a súa 10ª edición

Rematou a 10ª edición do Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay, que volveu colocar a Carballo no centro da rede do país. A gala de entrega de premios ás mellores series para web foi o colofón a 4 días de vertixe creativa. Unha gala na que triunfaron a comedia sobre a saude mentalIt's fine, I'm fine, o thriller sobre as redes sociais e a identidade, Fake Live, e A arte de ser mal pai, a historia dos últimos días que pasa un pai ca súa filla.

O xurado, composto por Excómplice, Burnin' Percebes e Alejandro Rodríguez, outorgoulle a It's fine, I'm fine, o premio a Mellor serie, dotado con 800 euros e trofeo, así coma o de Mellor guión, dotado con 200 euros e trofeo.
O de Mellor serie en versión orixinal en galego, dotado con 800 euros e trofeo, foi para A arte de ser mal pai e Pringadas.
O premio para Mellor dirección, dotado con 200 euros e trofeo, foi para a brasileña Fake Live, un thriller sobre as redes sociais e a identidade.

As asistentes ao Carballo Interplay tamén tiveron a oportunidade de escoller a súa webserie favorita e finalmente decidiron que a gañadora ao premio do público, dotado de 400 euros, sexa A arte de ser mal pai. Pola súa parte, o xurado novo, composto por Xulia Lomba, Cés e Xacobe Bruña, decidíu outorgar o seu premio, dotado con 400 euros e trofeo, a Frangine$, a historia de dúas irmás que deciden reencontrarse tras dez anos separadas para secuestrar ao seu pai. Tamen deron unha mención honorífica á serie checa TBH, que conta a historia dun instituto no que aparentemente vai ter lugar un atentado. 

 

PREMIO AO MELLOR PROXECTO DE WEBSERIE EN GALEGO

Unha das grandes apostas do festival é polo fomento do talento galego. Así nace o Premio ao mellor proxecto de webserie en galego, dotado con 3.000 euros para a produción dos tres primeiros capítulos, que recaeu en A moza que abortou e o contou, de Eire Cid, Rosalía Quiroga e Cora, un falso documental que narra a través da pantalla dun móvil a historia dunha rapaza que decide contarlle á súa familia a súa decisión de abortar. A serie estrearase na próxima edición do Carballo Interplay.

PALMARÉS

  • Mellor serie, dotado con 800 euros e trofeo: It's fine, I'm fine

  • Mellor serie versión orixinal en galego, dotado con 800 euros e trofeo: A arte de ser mal pai e Pringadas

  • Premio do xurado novo, dotado con 400 euros e trofeo: Frangine$

  • Premio do público, dotado con 400 euros e trofeo: A arte de ser mal pai

  • Premio a mellor guión, dotado con 200 euros e trofeo: It's fine, I'm fine

  • Premio a mellor dirección, dotado con 200 euros e trofeo: Fake Live

  • Premio a proxecto de serie web en galego, dotado con 3.000 euros e trofeo: A moza que abortou e o contou

Sonia Mendez
Sonia Méndez, a directora
DINOESCOLAS
 
O Interplay comezou coa entrega de premios da primeira edición de Dinoescolas. Este certame está pensado para animar á mocidade galega a producir pezas audiovisuais baixo unha premisa terrorífica herdada do antigo Taller Kamikaze: a desaparición de internet. Nesta ocasión participaron os centros CIFP Imaxe e Son, IES Val do Asma, Escola de Imaxe e Son de Someso, IES A Cachada e o IES Maximino Romero de Lema.
 
A continuación, tivo lugar a estrea en exclusiva do show Dando a turra, con Belén Puime e Uxía Vázquez, dúas expertas no entretemento e a industria audiovisual galega e internacional que estiveron acompañadas por artistas e creadoras de contido da talla de Miguel Canalejo, Hydn, Xulia Lomba e Eira. A charla, que rematou con un quizz no que se poñían a proba os coñecementos en cultura pop das distintas xeracións presentes no auditorio, xirou en torno a reflexións sobre a precariedad, a presión social, a industria cultural galega e o medo a crecer.
 
TALENTO GALEGO
 
O xoves día 30 tamén recibimos a visita de múltiples centros educativos que coñeceron O outro lado da pantalla, unha historia underground da internet galega, da man de María Yañez. Neste documental explícase como funcionaba a web antes de que a maioría naceran, e a importancia dos arquivos e as iniciativas para manter esta memoria. Xusto despois, tiña lugar a segunda edición de Petiscos no Derby, a versión en directo do podcast Café Derby, de Carme D. Prol, Nico Carreira e Adrián Lede, que neste ocasión contaron cas expertas en redes sociais  Carla e Marcos de Todo Mal, Sara Seco, Meryfos e Totakeki, para falar da situación actual nas redes sociais galegas.
 
Xa pola tarde comezaron as proxeccións do primeiro bloque de webseries da sección oficial, Movidas Humanas, con series como Chateau Laurier, Historias arredor da vida, Motherhoodland, Off the Record ou Pringadas. Esta última, obra de Belén Puime nacida como proxecto no Carballo Interplay, acabaría gañando o premio a mellor serie galega xunto con A arte de ser mal pai. 
 
O pitching de proxectos foi especialmente complicado este ano, xa que se presentara a cifra record de 18 proxectos, dos cales se seleccionaron 4 para ser defendidos diante do xurado. Tivemos a oportunidade de ver o pitching de Camping Gas: Os Notas, Delirio Sketches, Comezar de cero e A moza que abortou e o contou, sendo este último o proxecto gañador que recibirá 3.000 euros de orzamento e que se estreará en exclusiva na undécima edición do festival. Noraboa a Eire Cid, Rosalía Quiroga e Cora!
 
Esa tarde os participantes do pitching tiveron tamén a oportunidade de asistir á estrea do proxecto gañador do ano pasado, Mentres non chova. Carla Mojón, Luiza Velizarova e Xiana Rei contáronnos a historia dunha vila galega na que un cacique pretende poñer unha cúpula xigantesca, para que non chova nunca máis, e un grupo de rebeldes busca impedilo a toda costa.
 
Esa noite rematou no Casino 1989, centro social autoxestionado de Carballo no que se proxectou un bloque de series moi especial que non formaba parte da sección oficial. Recibíu o nome de Series Golfas e recompilaba as series más gamberras de animación que se proxectaran nos dez anos de historia do festival. Tivemos a oportunidade de contar con algúns dos seus creadores, como Burnin' Percebes e Antón Varela, que nos falaron das súas obras, no caso dos Burnin' dez anos despois da su creación.
 
ZonaPRO
 
O venres tivo unha mañá moi profesional, seguida dunha tarde chea de shows e espectáculos. Comezaba a Zona PRO ás 11h00, con un panel no que se reflexionaba sobre o paso dos podcasts ao show en directo da man de Marta Salicrú e Alba Riera, de Radio Primavera Sound, Iago Regueiro, de Etiqueta Negra, e Tomàs Fuentes, creador de La Ruina. Alí, falouse do especial que é pasar dun formato tan íntimo e en ocasións precario a encher teatros e auditorios, sen perder a esencia que fixo que ese podcast fora distinto e que as súas ointes quixeran vivir a experiencia en directo.
 
O Carballo Interplay quería facer un repaso polas novas plataformas e xeitos de habitar a rede que xurdiran nos últimos anos, fora do mainstream e innovando, e por iso foron invitadas o medio ACOUSA, a Comunidade S1S4 e Noelia Ramírez, responsable da newsletter de SModa, para falar de como cada un destes formatos busca innovar no seu ámbito e xerar novas conversas.
 
Por último, a Zona PRO remataba con unha charla sobre as canles públicas na que estiveron presentes responsables de RTVE e CRTVG para falar de como estes medios consiguen adaptarse aos novos tempos, formatos e audiencias para non quedar obsoletas.
 
Pola tarde, volvían as series co segundo bloque da Sección Oficial: Movidas antes dos 30, para que millennials e Z puxeran voz ás súas preocupacións cas series Detention Adventure, Frangine$, No, you're stupid!, TBH e Voice Memo.
 
Ás 18h30 volvían os podcasts, esta vez con acento catalán, da man de Alba Riera e Conxxa Vitoy, responsables do podcast DENTRO, de Radio Primavera Sound. Este podcast soe entrevistar a xente coñecida e querida polo público para averigualo todo sobre as súas preocupacións e ansiedades, e neste caso as víctimas foron os cineastas Burnin' Percebes, que recoñeceron ata que actores os rexeitaran no pasado, e Estela Ortiz, que confesou a que famosa non seguíu de volta nas redes sociais.
 
Pouco despois chegaba unha das actividades máis polarizantes da edición, o Nacho Martín Project Live, unha creación de Hermanos Podcasts, Nus Cuevas, Hematocrítico e Noel Ceballos, que analizan capítulo a capítulo, escea a escea, Médico de Familia. A pesar de que gran parte da audiencia nacera despois do final desta serie emitida nos noventa, fixeron un gran traballo contextualizando as narrativas e explicando ás súas contradiccións.
 
Esa noite foi a noite de "rajar", xunto con Laura Márquez e Tomàs Fuentes, que fixeron dous monólogos de comedia e unha entrevista mutua na que se puxeron en común temas tan universais coma o traballo, o medo escénico, a infancia ou as tatuaxes.

REPASO HISTÓRICO DO CARBALLO INTERPLAY

Comentarios