Carballo ponse no epicentro da transición enerxética coas xornadas de Axober
O Fórum Carballo acolle dende onte e ata o venres o programa ‘Noroeste 0 emisións’; un encontro organizado por AXOBER que reúne a expertos, empresas e representantes de administracións. O evento retende situar a comarca de Bergantiños como referente no impulso de solucións reais en materia de eficiencia enerxética e mobilidade limpa.
Un espazo necesario para avanzar cara un modelo económico máis sostible e adaptado aos desafíios actuais, contando coa iniciatigva privada como motor do cambio
Baixo o título “Bergantiños, Boas Noites”, a programación da mañá do mércores centrouse no papel da noite como motor de desenvolvemento territorial, cultural e turístico. Ao longo da xornada abordáronse cuestións clave como a iluminación pública responsable, o urbanismo sostible ou o ecodeseño aplicado aos espazos urbanos.
Especialistas como Coque Alcázar, Pedro Calaza ou Iago Martínez Garrido analizaron os retos actuais na planificación da iluminación e o seu impacto no medio ambiente e na calidade de vida da cidadanía.
Tamén tiveron protagonismo novas perspectivas sobre o uso dos espazos nocturnos, o turismo astronómico e experiencial, así como a necesidade de preservar a calidade do ceo nocturno. A xornada da mañá completouse cunha mesa redonda na que participaron distintos profesionais e representantes do sector, que debateron sobre tecnoloxías e estratexias para avanzar cara a contornas máis sostibles.
Xa pola tarde, o foco trasládase á mobilidade eficiente e sostible, cun bloque específico adicado ás solucións de cero emisións. Distintos expertos analizaron os sistemas actuais de recarga para vehículos eléctricos e novas alternativas enerxéticas, ademais de celebrarse unha mesa de debate sobre a evolución do vehículo eléctrico e os retos do sector.
2 días máis
Ao longo dos tres días que dura o ‘Noroeste 0 emisións’ haberá unha exposición de vehículos eléctricos nos exteriores do edificio do Fórum Carballo no que participan cinco concesionarios da zona: Hypersa Carballo, Corgal Automóviles, Dimolk, Skoda Pensado Motor e Baleato.
O xoves a Asociación Slowlight, impartirá unha sesión para o alumnado do CEIP Xesús San Luís Romero de Carballo. Xa pola tarde, a actividade completarase con dous novos obradoiros de light painting, abertos á mocidade.
Outra das citas destacadas do encontro será o paseo nocturno interactivo “A noite das cores”, que percorrerá algúns dos espazos máis emblemáticos de Carballo. A andaina partirá ás 22:00 horas desde o Fórum Carballo, cun percorrido de baixa dificultade que rematará na Praza do Concello. Trátase dunha actividade aberta a toda a veciñanza, para a que é
preciso inscrición previa nesta ligazón.
O programa completo téndelo aquí: