sábado. 30.05.2026
El tiempo

“Noroeste 0 emisións”, un encontro para impulsar modelos de enerxía sostible en toda a comarca

Presentacion-Noroeste0Emisions_1
O Presidente de AXOBER, Diego Iglesias, o Alcalde de Carballo, Daniel Pérez e o Presidente da Asociación Slowlight, Coque Alcázar presentando o programa
“Noroeste 0 emisións”, un encontro para impulsar modelos de enerxía sostible en toda a comarca

Xa está en marcha o "Noroeste 0 Emisións", un encontro que se celebra os días 3, 4 e 5 de xuño e que converterá a Carballo nun punto de referencia para o debate arredor da mobilidade sostible, a eficiencia enerxética e a innovación como eixos clave do desevolvemento.

“Noroeste 0 Emisións reunirá a axentes clave do territorio para abordar cuestións estratéxicas como a transición enerxética, os novos modelos de mobilidade e o impacto da innovación no tecido empresarial”, sinalou Diego Iglesias, Presidente de AXOBER, durante a presentación.

Pola súa banda, Coque Alcázar, Presidente da Asociación Slowlight, indicou que este evento nace co obxectivo de favorecer o intercambio de coñecemento, impulsar sinerxías e promover iniciativas que contribúan á redución de emisións e á mellora da eficiencia nos diferentes sectores produtivos.

A iniciativa está organizada por AXOBER, coa colaboración do Concello de Carballo, Energal, Slowlight e a Deputación da Coruña. Este é un evento aberto a toda a veciñanza e as persoas interesadas poden facer a inscricións no bloque que o desexe a través de axober.org.

PROGRAMA

Mércores, 3 de xuño
10:00 h. Inauguración a cargo de:
• Alcalde de Carballo, Daniel Pérez
• Presidente de Axober, Diego Iglesias Bergantiños, Boas Noites: A noite como motor de territorio, cultura, turismo e economía local

10:30 h: 1a Ponencia: Bergantiños, Boas Noites – “A noite que temos e a noite que merecemos”
• Coque Alcázar, Enxeñeiro Industrial, experto en iluminación pública responsable. Divulgador. Co-autor e Presidente da Asociación Slowlight

10:50 h: 2ª Ponencia: “Urbanismo consilente e iluminación artificial calmada”
• Pedro Calaza, Presidente da Asociación Española de Parques e Xardíns Públicos

11:10 h: 3ª Ponencia: “Ecodiseño aplicado á iluminación e espazo público“.
• Iago Martínez Garrido. EDIGAL.

11:30 – 12:00 h: Pausa café

12:00 h: 4ª ponencia: “Espazos que cuidan. Outra mirada sobre os espazos urbans nocturnos”
• José Manuel Pérez, director de COP4 y experto en Urb. con perspectiva de Xénero.

12:30 h: 5ª Ponencia: “Turismo nocturno experiencial y astronómico: claves do seu presente e futuro na Comarca de Bergantiños”
• Lanzada Calatayud, experta en turismo sostible.

13:00 h: Mesa redonda: Tecnoloxías, estratexias e accións para mellorar a calidade do Ceo nocturno na comarca de Bergantiños.
• Modera: Oscar Lodeiro, experto en iluminación responsable e colaborador Slowlight
• Lucía Giráldez Costas, Divulgadora científica. Licenciada en Historia da Arte e Máster en Dirección e planificación del turismo pola USC. Calidade do Ceo.
• Víctor Tilve Rúa. Profesor-tutor CA Pontevedra, divulgador científico. Licenciatura e Máster en Matemáticas. (USC).
• Representante de ASINEC (Asociación Provincial de Industriales Electricistas y de Telecomunicaciones de A Coruña).
• Representante de Asociación de Empresarios AXOBER.

Mobilidade eficiente e sostible: Cero Emisións
Modera: Marcos Díaz (Tesoureiro AXOBER)

16:30 h. 6ª Ponencia
• Carlos Carmona (director comercial de QWELLO España)

17:00 h. 7ª PonenciaA: “Multi enerxía Estacions de Servizo Repsol (Combustibles Renovables)”
• Ana María Ramos López (Responsable de Optimización Experiencia Punto de Venta)

17:30 h. Mesa Redonda: “Actualización en vehículo eléctrico”
• Concesionarios participantes

Xoves, 4 de xuño
Slowlight kids
10:00 h: Presentación do programa
10:15 h: Taller “ A noite”. Luz, biodiversidae e contaminación luminosa.
11:00 h: Pausa
11:30 horas: Taller “LightArt HUB”. Creatividade con luz, cor e sombras.

Taller Slowlight “Light Painting”
16:00 h / 18:00 h: Taller “Light Painting”, dirixido a mozos e mozas de entre 15 e 19 anos.
Participarán nunha experiencia lightpaintg que fusiona o uso creativo da luz en movemento e a fotografía de larga exposición para xerar dibuxos únicos ca luz e a cor que se descubren unha vez rematada a fotografía. Aprenderán a alterar as suas propias fotografías com luz, creando efectos sorprendentes e únicos.

“A Noite das Cores: Paseo nocturno interactivo”
22:00 h.: “A Noite das Cores-Carballo”: Un paseo nocturno dunha hora estimada de duración no que os participantes recorren en grupo o centro da cidade acompañados dun guía, equipados con linternas técnicas capaces de xerar color e regular a intensidade da luz, para transformar dun modo efímerto e creativo algúns lugares da sua paisaxe nocturna cotidiá, deixando captada a sua creatividade en fotografías únicas.

Venres, 5 de xuño
Edificiencia Enerxética. A gran asignatura pendente
Modera: José Bello (CEO Energal e Vicepresidente de Slowlight)
09:30 h: 1ª Ponencia: “Los CAES e como monetizar o esforzo inversos en medidas de aforro e eficiencia enerxética MAES”
• José Ángel Abad. Xefe da Área de Aforro e Eficiencia Enerxética do INEGA.

10:00 h: 2ª Ponencia. “Contratos ESE, a fórmula máis innovadora de xestión energética para todo tipo de organizaciones públicas e privadas”
• Iván Andrade. Director Técnico de ENERGAL SL. Delegado en Galicia e membro da xunta directiva da Asociación Nacional de Empresas de Eficiencia Enerxética (A3E)

10:30 h. 3ª Ponencia: “Casos de éxito na xestión de contratos de Servizos Enerxéticos, incluindo a tramitación dos CAES”
• Álvaro Piñeiro. Xerente de Ferrovial SA para Galicia e Asturias. Experto en xestión de contratos de servicios energéticos.

11:00 h 4ª Ponencia: “O mercado enerxético OMIE. Como funciona e que actores interveñen nel”
• Xosé Manuel Golpe. Presidente da Asociación Galega de Comunidades Enerxéticas (AGACEN). Deputado Autonómico e membro da comisión de enerxía. Técnico de enerxía da Deputación Provincial da Coruña.

11:30 h . Pausa Café
12:00 h. 5ª Ponencia: “A comunicación 4.0 da enerxía, sistemas de control e telexestión e a democratización dos datos”
• Alfonso Sánchez. Director de grandes contas e contas estratéxicas da compañía INELCOM. Experto en sistemas de comunicación e telexestión nos contratos de servizos enerxéticos.

12:30 h. 6ª Ponencia: “A rehabilitación enerxética do sector residencial en España: a gran asignatura pendente”
• Miguel Ángel Zamorano. Director Comercial España da compañía IMESAPI. Experto en Rehabilitación Enerxética dos edificios.
13:00 h. Peche de NOROESTE CERO EMISIÓNS a cargo de
• Daniel Pérez, Alcalde de Carballo
• Diego Iglesias, Presidente de AXOBER

Ao longo dos tres días, haberá nos exteriores do edificio Fórum Carballo unha exposición de vehículos eléctricos de diferentes marcas.

Comentarios