Carballo, Premio Nacional de Parques e Xardíns Públicos

Santiago Andrade en Marbella
  • A rede de xardíns de Carballo, un “exemplo de integración ecolóxica no planeamento municipal”

Despois de conseguir gañar a Escoba de Oro no ano 2024, e de conseguir 4 Flores de Honra no último certame Vilas en Flor, Carballo segue afianzando a súa posición como Concello que coida especialmente a parte verde do urbanismo. O Concello recibiu agora o Premio Nacional de Parques y Jardines Públicos na categoría de concellos de menos de 50.000 habitantes.

O xurado, integrado por representantes da Asociación Española de Parques y Jardines Públicos (PARJAP) considerou que a rede de xardíns que está a crear o Concello de Carballo supón un “exemplo de integración ecolóxica no planeamento municipal”.
O premio na categoría de concellos de máis de 50.000 habitantes foi para Barcelona, que será a sede do congreso estatal o ano que vén.

Santiago Andrade, Miguel Vales e Carlos Iglesias

O fallo fíxose público esta fin de semana no congreso anual celebrado en Marbella, ao que asistiron o concelleiro de Medio Ambiente e Servizos, Miguel Vales; o técnico asesor de Medio Ambiente do Concello de Carballo, Santiago Andrade, e o xerente de Dixardin, Carlos Iglesias. Nesta 51ª edición do congreso participaron máis de 500 profesionais e empresas do sector, así coma unha trintena de expertos de todo o mundo, que afondaron na importancia de crear unha infraestrutura verde que funcione como axente xerador de biodiversidade e permita unha xestión sostible.

E precisamente nesa liña se fundamenta a política urbanístic carballesa, formulando a idea da revaloración e rexeneración das zonas verdes urbanas, que poidan estar conectadas por medio de vexetación arbórea, facendo un proceso de renaturalización e o fomento da biodiversidade, en toda a vila

Máis novas