sábado. 07.12.2024
El tiempo

Vilas en Flor: Carballo xa ten catro Flores de Honra, A Laracha tres, Vimianzo e Coristanco dúas, e Ponteceso unha

xardins_cabazas polo Samain de Carballo
Os xardíns de cabazas polo Samaín son unha das accións singulares do Concello de Carballo de Carballo
Vilas en Flor: Carballo xa ten catro Flores de Honra, A Laracha tres, Vimianzo e Coristanco dúas, e Ponteceso unha

Este venres celebrouse no Concello de Salvaterra de Miño (Pontevedra) a entrega dos recoñecementos do proxecto Vilas en Flor Galicia 2024. 42 concellos de menos de 40.000 habitantes recibiron as súas distincións nesta 7ª edición do programa artellado pola Fundación Juana de Vega. 

Unha das principais novidades é que este ano haberá un total de cinco concellos con 4 Flores de Honra, entre eles, o de Carballo, que se suma aos Allariz, Chantada, Tomiño e o tamén novo Salceda de Caselas.

En total, Galicia recibiu 94 Flores de Honra. Entre elas 3 dos nosos Concellos: A Laracha reibe tres Flores de Honra; Coristanco e Vimianzo reciben dúas; e Ponteceso, unha.

Ademais do diploma acreditativo, todos os municipios instalarán un sinal de estrada na entrada dos núcleos urbanos para remarcar a súa pertenza ao programa e o seu esforzo pola xestión sostible dos espazos verdes como eixo fundamental das políticas municipais para facer dos concellos bos lugares para vivir e visitar. 

20241115_VilasenFlor2024_EntregaFloresdeHonra
Foto da enttrega

FLORES DE HONRA 2024

  • 4 Flores de Honra (5 concellos): Allariz, Carballo, Chantada, Salceda de Caselas e Tomiño
  • 3 Flores de Honra (10): As Somozas, Caldas de Reis, Cambados, Gondomar, Lalín, A Laracha, O Rosal, Salvaterra de Miño, San Sadurniño, Vilagarcía de Arousa
  • 2 Flores de Honra (17): A Guarda, Abegondo, Arteixo, Coristanco, Cuntis, Leiro, Manzaneda, Marín, Mondariz Balneario, O Carballiño, Oza-Cesuras, Ponteareas, Sada, Sanxenxo, Sarria, Tui, Vimianzo.
  • 1 Flor de Honra (10): A Estrada, A Pobra de Trives, As Neves, Culleredo, Curtis, Mondariz, Mos, Ponteceso, San Xoán de Río, Xinzo de Limia.

Vilas en Flor é un programa anual que recoñece en forma de galardóns, chamados Flores de Honra, a traxectoria e as accións levadas a cabo polos municipios galegos de menos de 40.000 habitantes na mellora e potenciación dos espazos verdes urbanos, a súa xestión sostible, a educación ambiental e a concienciación cidadá no coidado da contorna. En Galicia está impulsado pola Fundación Juana de Vega, en colaboración coa Asociación de Viveristas do Noroeste (ASVINOR) e a Asociación Galega de Empresas de Xardinería (AGAEXAR). 

“Cada ano vanse sumando máis participantes a este movemento que permite compartir experiencias, xerar sinerxías e avogar por unha mellor xestión do territorio. 

Máis novas

 

Comentarios