Mércores. 23.10.2024
El tiempo

Carballo e Aspaber recibiron a "Escoba de Oro" polo compromiso co medio ambiente e a inclusión

concelleiro de Medio Ambiente e Servizos, Miguel Vales recollendo escoba_oro para Carballo
Carballo e Aspaber recibiron a "Escoba de Oro" polo compromiso co medio ambiente e a inclusión

O concelleiro de Medio Ambiente e Servizos, Miguel Vales, recolleu en Madrid a Escoba de Oro concedida ao noso concello pola Asociación
Técnica para la Gestión de Residuos, Aseo Urbano y Medio Ambiente (Atregus). O acto tivo lugar no marco da feira internacional de urbanismo e medio ambiente TECMA 2024, que se celebrou do 18 ao 20 deste mes en Ifema dentro do V Foro Medio Ambiente y Sostenibilidad.

Dous anos despois de acadar a Escoba de Plata, Carballo converteuse neste 2024 no único concello de 20.001 a 50.000 habitantes que conseguiu a Escoba de Oro grazas ao novo contrato do servizo de limpeza viaria con Aspaber. O xurado valorou moi especialmente o feito de que se preste o servizo a través de persoas con discapacidade psíquica, o que contribúe non só a ter unha rúas máis limpas senón tamén unha poboación máis concienciada. No acto de entrega do premio tamén estiveron presentes, de feito, José Antonio Silván, Dolores Fernández e José Manuel Castro Tato, en representación de Aspaber.

Comentarios