Carballo xa prepara un Verán Cultural que vai de Mondra e Xabier Díaz as Agrupacións tradicionais locais

O alcalde Evencio Ferrero e a concelleira E

Aínda estamos en plena celebración do programado San Xoán, pero por Carballo xa queren que vaiamos reservando as datas para as grandes citas do verán. A concelleira Maruxa Suárez e o alcalde Evencio Ferrero presentaron o programa "Verán Cultural", que segue fiando a música de raíz coa actualidade, traendo varios concertos espectaculares durante os meses de xullo e agosto. Mondra, De ninghures, Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, Alana e as agrupacións carballesas de música tradicional serán as protagonistas.

Dentro da programación “extensa, de alta calidade, para todos os públicos e gratuíta”, como a definiu Maruxa Suárez, tamén haberá espazo para a maxia, o teatro, o circo e o cine. Teremos moito, moito cine, incluída a proxección de As neves, a película da directora do Festival Carballo Interplay, Sonia Méndez, premiada coma mellor longametraxe nos Mestre Mateo 2025.

 

Mes de xullo

Venres 11 | Mago Antón | Praza do Concello | 13.00, 17.00, 18.30 e 20.00 h
O mago Antón celebrará no seu magomóbil os seus 50 anos sobre os escenarios cun espectáculo que reúne as súas mellores interpretacións e novas ilusións, explorando sempre os límites do imposible. Haberá catro sesións ao longo do día, con capacidade limitada a 70 espectadores/as por función.
Reserva de entradas en billeteira.carballo.gal

Venres 18 | Mondra | Praza do Concello | 22.30 h
Mondra presenta o seu novo traballo, De ronda, cun novo son e cancións máis íntimas pero sen perder as raíces na tradición oral galega. Música ao vivo, danza e unha sofisticada posta en escena prometen un gran espectáculo.

Xoves 24 | De ninghures | Praza do Concello | 22.30 h
De Ninghures regresa a Carballo co seu novo disco, Feira, e despois de gañar o premio Martín Códaz á música folk. Este novo traballo supón unha evolución sonora sen perder a súa esencia.

Mércores 30 | Aula de Teatro Municipal de Carballo | Praza interior do Fórum | 20.30 h
A Aula de Teatro Municipal, dirixida por Alba Bermúdez e Tone Martínez, de Galeatro, presenta Quixotada, un espectáculo cheo de humor, enxeño e amor polas táboas.

Mes de agosto

Venres 1 | Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre | Praza do Concello | 22.30 h
O novo traballo de Xabier Díaz, Axúdame a sentir, soará na Praza do Concello de Carballo. O músico volverá estar acompañado das Adufeiras de Salitre e contará coa colaboración de músicos de diversa índole.

Venres 8 | Alana | Praza do Concello | 22.30 h
Alana, un dos grupos revelación en Galicia, presenta o seu primeiro disco, O xeito á cantigha. A formación está composta por tres músicos bergantiñáns: Antía Vázquez, voz e pandeireta; Eloy Vidal, teclado, guitarra e voz, e Pablo Castro, percusión e gaita.

Xoves 14 | As Sircópatas | Xardín municipal | 20.30 h
Presentamos un espectáculo para toda a familia, Rogelio 3. La fête, cheo de malabares, música, clown e moito humor.

Venres 22 | Festival de música e baile tradicional | Praza do Concello | 21.30 h
Este ano reuniremos á Banda Municipal de Gaitas, AC Arume de Verdillo, AC Nemeth, Cantareiras de San Campio de Cances, Coro Aires de Bergantiños e Escola do Alprende de Oza.

Noites de cine

  • 9 de xullo | 22.30 h | Praia de Razo
    + Cuñados (+ 12 anos)
  • 16 de xullo | 22.30 h | Xardín municipal
    As neves (+12 anos)
  • 23 de xullo | 22.30 h | Praza de San Cristovo
    Familia Benetón (+ 7 anos)
  • 30 de xullo | 22.30 h | Campo da capela de Cances
    Menudas piezas (+12 anos). Colabora AC San Campio de Cances
  • 31 de xullo | 22.30 h | Centro social de Lema
    O soño da sultana (+ 7 anos). Colabora AC Ría de Lema
  • 6 de agosto | 22.00 h | Praza do Chorís
    Amigos imaginarios (todos os públicos)
  • 7 de agosto | 22.00 h | Sísamo
    El hotel de los líos. García y García 2 (todos os públicos). Colabora AVV Santiago Apóstol de Sísamo
  • 13 de agosto | 22.00 h | A Pedra do Sal
    Padre no hay más que uno 4: campanadas de boda (todos os públicos). Colabora AC O Castro de Lema
  • 20 de agosto | 22.00 h | Praza de Sofán
    Gru 4, mi villano favorito (todos os públicos). Colabora Asociación de Mulleres Rurais San Salvador de Sofán
  • 21 de agosto | 22.00 h | Centro social de Entrecruces
    Lío de millones (+7 anos). Colabora AVV San Xens de Entrecruces
  • 4 de setembro | 21.30 h | Praza da Milagrosa
    Odio el verano (todos os públicos). Colabora ACD Milagrosa