xoves. 12.06.2025
El tiempo

A comisión do San Xoán carballés repasa o completo programa

Comision San Xoan Carballo 2025 2
A comisión do San Xoán carballés repasa o completo programa

Vai collendo forma o San Xoán carballés. Xa nos avanzou o noso picadiscos Maikel DJ que Sidonie será un dos pratos fortes, pero é que hai un completo programa que xa comezou case que en maio, e que culminará coa xenuína Festa do Bosque o domingo 29.

Un programa que xa está en marcha e que esta semana deixa xa o xoves a inauguración dunha expo de artistas locais, o venres unha sesión coa Aula de Teatro Municipal, un sábado de deporte e un domingo de bailes latinos.

Os pratos fortes comezan o venres 20 con Sinonie, e o sábado 21 co Rockin’Carballo, cun día completo de música. O domingo 22 será completo, rematando coa París de Noia no Rego da Balsa. Xa o luns, ás 21:00h, a Cachela municipal no Rego da Balsa, con sardiñada, e despois verbena, queimada e dj.
O martes 24 será de música tradicional, acabando con Ariel Rot en concerto. Non para o lío tampouco o mércores 25, con fogos de artificio ás 0:30 dende a Agra da Lagoa.
Aínda o xoves 26 toca día para os peques, cunha marea de actividades, e tras un venres e sábado misiqueiro, o domingo, Festa do Bosque coa esperada Baixada de barcos de papel.

A Comisión

Comision San Xoan Carballo 2025

Repasamos, qeu sempre gusta, os nomes da Comisión. De esquerda a dereita de pé: Óscar Álvarez Pose, Mónica Gerpe Galindo, Maruxa Suárez Cotelo (concelleira de Festas), José Antonio Deus Antelo, Daniel Barreiro Quintáns, Asun Vázquez Bértoa, Carmen Castro Pombo (xefa do servizo de Cultura do Concello), Alejandro Nogueira Carral.
E sentados: Gustavo Lorenzo Pena (secretario da comisión), Sergio Varela Fuentes (presidente), Xela Criado Fernández, Maica Ures García, Mª Carmen Pacoret Rey, Iván Blanco Martínez, Roberto Rancaño Lagoa.

O PROGRAMA

Programa San Xoan Carballo 2025 1

Programa San Xoan Carballo 2025 2

Máis novas do San Xoán

Comentarios