Carballo xa prepara un Verán Cultural que vai de Mondra e Xabier Díaz as Agrupacións tradicionais locais

Aínda estamos en plena celebración do programado San Xoán, pero por Carballo xa queren que vaiamos reservando as datas para as grandes citas do verán. A concelleira Maruxa Suárez e o alcalde Evencio Ferrero presentaron o programa "Verán Cultural", que segue fiando a música de raíz coa actualidade, traendo varios concertos espectaculares durante os meses de xullo e agosto. Mondra, De ninghures, Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, Alana e as agrupacións carballesas de música tradicional serán as protagonistas.
Dentro da programación “extensa, de alta calidade, para todos os públicos e gratuíta”, como a definiu Maruxa Suárez, tamén haberá espazo para a maxia, o teatro, o circo e o cine. Teremos moito, moito cine, incluída a proxección de As neves, a película da directora do Festival Carballo Interplay, Sonia Méndez, premiada coma mellor longametraxe nos Mestre Mateo 2025.
Mes de xullo
Venres 11 | Mago Antón | Praza do Concello | 13.00, 17.00, 18.30 e 20.00 h
O mago Antón celebrará no seu magomóbil os seus 50 anos sobre os escenarios cun espectáculo que reúne as súas mellores interpretacións e novas ilusións, explorando sempre os límites do imposible. Haberá catro sesións ao longo do día, con capacidade limitada a 70 espectadores/as por función.
Reserva de entradas en billeteira.carballo.gal
Venres 18 | Mondra | Praza do Concello | 22.30 h
Mondra presenta o seu novo traballo, De ronda, cun novo son e cancións máis íntimas pero sen perder as raíces na tradición oral galega. Música ao vivo, danza e unha sofisticada posta en escena prometen un gran espectáculo.
Xoves 24 | De ninghures | Praza do Concello | 22.30 h
De Ninghures regresa a Carballo co seu novo disco, Feira, e despois de gañar o premio Martín Códaz á música folk. Este novo traballo supón unha evolución sonora sen perder a súa esencia.
Mércores 30 | Aula de Teatro Municipal de Carballo | Praza interior do Fórum | 20.30 h
A Aula de Teatro Municipal, dirixida por Alba Bermúdez e Tone Martínez, de Galeatro, presenta Quixotada, un espectáculo cheo de humor, enxeño e amor polas táboas.
Mes de agosto
Venres 1 | Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre | Praza do Concello | 22.30 h
O novo traballo de Xabier Díaz, Axúdame a sentir, soará na Praza do Concello de Carballo. O músico volverá estar acompañado das Adufeiras de Salitre e contará coa colaboración de músicos de diversa índole.
Venres 8 | Alana | Praza do Concello | 22.30 h
Alana, un dos grupos revelación en Galicia, presenta o seu primeiro disco, O xeito á cantigha. A formación está composta por tres músicos bergantiñáns: Antía Vázquez, voz e pandeireta; Eloy Vidal, teclado, guitarra e voz, e Pablo Castro, percusión e gaita.
Xoves 14 | As Sircópatas | Xardín municipal | 20.30 h
Presentamos un espectáculo para toda a familia, Rogelio 3. La fête, cheo de malabares, música, clown e moito humor.
Venres 22 | Festival de música e baile tradicional | Praza do Concello | 21.30 h
Este ano reuniremos á Banda Municipal de Gaitas, AC Arume de Verdillo, AC Nemeth, Cantareiras de San Campio de Cances, Coro Aires de Bergantiños e Escola do Alprende de Oza.
Noites de cine
- 9 de xullo | 22.30 h | Praia de Razo
+ Cuñados (+ 12 anos) - 16 de xullo | 22.30 h | Xardín municipal
As neves (+12 anos) - 23 de xullo | 22.30 h | Praza de San Cristovo
Familia Benetón (+ 7 anos) - 30 de xullo | 22.30 h | Campo da capela de Cances
Menudas piezas (+12 anos). Colabora AC San Campio de Cances - 31 de xullo | 22.30 h | Centro social de Lema
O soño da sultana (+ 7 anos). Colabora AC Ría de Lema - 6 de agosto | 22.00 h | Praza do Chorís
Amigos imaginarios (todos os públicos) - 7 de agosto | 22.00 h | Sísamo
El hotel de los líos. García y García 2 (todos os públicos). Colabora AVV Santiago Apóstol de Sísamo - 13 de agosto | 22.00 h | A Pedra do Sal
Padre no hay más que uno 4: campanadas de boda (todos os públicos). Colabora AC O Castro de Lema - 20 de agosto | 22.00 h | Praza de Sofán
Gru 4, mi villano favorito (todos os públicos). Colabora Asociación de Mulleres Rurais San Salvador de Sofán - 21 de agosto | 22.00 h | Centro social de Entrecruces
Lío de millones (+7 anos). Colabora AVV San Xens de Entrecruces - 4 de setembro | 21.30 h | Praza da Milagrosa
Odio el verano (todos os públicos). Colabora ACD Milagrosa