A ciencia volverá aos bares carballeses coa II edición do Pint of Sciencie
Parece que esta iniciativa do Pint of Sciencie, de levar a ciencia á xente, aos bares, está asentada en Carballo. O Concello presentou onte a segunda edición, seguindo a estela doutras 72 cidades de toda España (e outros 20 países do mundo) que durante os días 19, 20 e 21 de maio realizará charlas nas tabernas.
Un novo programa municipal para o fomento das áreas STEM sobre todo entre as nenas, da única administración local de todo o estado que promove directamente a celebración do festival.
Malia que teremos que esperar un mes para coñecer ás protagonistas, as charlas serán impartidas por persoas investigadoras da localidade ou que desenvolven a súa actividade profesional na nosa contorna. Os escenarios, bares os Ranqui, a cafetería do Pazo da Cultura e o Oito, algúns dos escollidos tras anotárense. O obxectivo é que o evento se vaia movendo cada ano por distintos establecementos. E nesta ocasión, ademais, por diferentes barrios.
Para presentar o evento achegouse a Carballo o director e coordinador estatal, Carlos Peris Torres, e a responsable de Comunicación e Financiamento, Sandra Medrano García, que pousaron xunto aoo concelleiro de Innovación, Iván Andrade Tasende; a responsable de Comunicación do Concello, Cristina Abelleira Martínez; o alcalde Evencio Ferrero, a a enxeñeira e doutora en Informática, e investigadora e experta en IA Verónica Bolón Canedo; ademais das dúas novas incorporacións Daniel Barreiro Quintáns, asesor municipal, e Jorge Cebey García, asesor de formación do profesorado.
Exposición
Unha desas accións é a exposición Mulleres guerrilleiras: investigadoras de Carballo, que pode verse desde o 8 de febreiro na rúa Coruña, e que serve de escaparate para o traballo, tantas veces descoñecido, de 21 investigadoras locais en diferentes ámbitos científicos. Sandra Medrano considera “impresionante que en un municipio de 32.000 habitantes haya tantas científicas”, e puxo en valor a exposición porque, ademais de contribuír á divulgación das investigacións que desenvolven, axuda a “crear referentes para las niñas”. Pint of Science conta cun panel propio dentro da exposición, porque o festival celebra este ano o seu décimo aniversario e quere dedicado á muller e a nena na ciencia.
Máis novas