mércores. 30.04.2025
El tiempo

O Mercado de Carballo repartiu unha marea de vocacións científicas

Dia da Nena e Muller na Ciencia en Carballo-vero_bolon
Vero Bolón espallando a ciencia entre as crianzas
O Mercado de Carballo repartiu unha marea de vocacións científicas

Fermosa a II Feira do Día da Muller e a Nena na Ciencia que se celebrou esta fin de semana en Carballo. Unha demostración que Carballo é "unha canteira de talento feminino non ten discusión", con unha marea de mulleres formando, e unha marea de crianzas aprendendo.

Foi a clara proba de que o feito de que as mulleres sigan a ser minoróa nas disciplinas STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas) é cousa de tempo. 

O Mercado da ciencia

Dia da Nena e Muller na Ciencia en Carballo- ghazafelhos

A planta alta do mercado municipal converteuse esta fin de semana nun viveiro de vocacións científicas: o sábado, nos talleres de construción e condución de vehículos Infento, nos que participaron corenta nenos e nenas e as súas familias, e o domingo, na II Feira do Día da Muller e a Nena na Ciencia, grazas á colaboración desinteresada das Verónica Bolón (UDC), Laura Barral e Armand Hernández (GRICA), María Brandón e María Fernández (UVigo), Xanel Vecino e Rosa Devesa (UVigo), Laura Muinelo, Raquel Hago, Carlota Roca e Miriam Cebey (IDIS), Isabel Regueiro e as súas alumnas Aroa Sequeiro Arnal, Arancha Lorenzo Rodo, Blanca Lamas González, Clara Graña Pérez, Andrea Cancela Villar, Sofía Prieto Villar, Claudia Trigo Suárez, Lara Tato Rodríguez, Noa Calvo Rojo, Noa Mourón Parga, Lucía Suárez Insua, Noa Suárez García, Alejandra Rodríguez Villar e Marta Cernadas Pena (IES Alfredo Brañas), que achegaron a ciencia a todos os públicos dun xeito tan ameno e interesante.

Dia da Nena e Muller na Ciencia en Carballo- IES alfredo_branhas
As alumnas do IES Alfredo Brañas tamén tiveron posto 

Exposición 21 guerrilleiras

A exposición “Mulleres guerrilleiras: investigadoras de Carballo”, que inauguramos este sábado, visibiliza as traxectorias de 21 mulleres que representan o presente da investigación no noso concello, pero tamén se converte no escaparate dese enorme talento feminino que estamos a descubrir día a día e que nos permitiría encher de rostros de mulleres o rueiro carballés.

Xa agardando pola terceira edición.

Dia da Nena e Muller na Ciencia en Carballo-Xanel

Comentarios