Cine árabe, humor e exposición para a axenda carballesa
Fin de semana movida por Carballo, co ciclo de cine árabe AMAL en Ruta, o comezo dos Venres Culturais e a inauguración da exposición do Día da Nena e a Muller na Ciencia.
Xoves de cine árabe: AMAL
Venres Culturais: Butaca Zero
Os Venres Culturais de Cultura con Forza comezan este mes de febreiro coa interesante proposta teatral da compañía galega ButacaZero titulada “O único que verdadeiramente quixen na vida é ser delgada”. Cunha sinceridade crúa, neste texto de auto[NON]ficción, a autora Esther F. Carrodeguas aborda a relación co seu corpo, marcada pola gordofobia que se respira en calquera pequena esquiniña desta nosa apaixonante sociedade da fermosura.
Carrodeguas é unha rianxeira de pura cepa que asenta o seu currículo vital entre as letras, o audiovisual e o teatro.
A cita é o venres 7 de febreiro ás 21.00 horas no Pazo da Cultura. A duración prevista do espectáculo, dirixido a público adulto, é de 55 minutos. O prezo da entrada é de 5 €, 3 € con prezo reducido. Colabora a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Exposición das Mulleres Guerreiras Investigadoras
O sábado 8 ás 12:00 terá lugar ás 12:00h a inauguración na rúa Coruña, na Praza do Concello, da exposición que levar por título "Mulleres guerrilleiras: investigadoras de Carballo”.
Exposición de Loli España
Por último, continúa aberta ao público a exposición “O son do nordés”, da artista plástica vinculada a Carballo Loli España. Pode visitarse até o 28 de febreiro en horario de 17.00 a 21.00 horas na sala do andar -1 do Pazo da cultura. Organiza a Concellaría de Cultura.