Clarión ofrece un mes cheo de visitas
A Libraría Clarión de Carballo prepara unha serie de actividades polo Mes do Libro.
Recibirán a Luís Zueco, o luns 13 de abril as 19:30h presentando a súa nova novela "El juicio" de Ediciones B, unha novela divertida, amena e de aventuras onde recorreremos a figura de Goya e dos seus "caprichos", a sátira e denuncia social das súas obras nunha trama intrigante e chea de misterios. O autor estará acompañada do escritor Rober Cagiao.
Esa mesma semana, o mércores día 15 de abril ás 19h haberá un "interrogatorio literario a Marta Villar onde aproveitarán a publicación en castelán da novela coa que gañou o premio xerais "Detective Ferruchi", para coñecer mellor tanto a autora como a súa obra. Nun coloquio informal e divertido moderado polo escritor Rober Cagiao.
O sábado 18 de abril ofrecen aos cativos e cativas cun contacontos/presentación ás 12h do libro “Xanelas ao mundo”. A entrada será de balde previo apuntamento a traves de whatsapp 627841925 ou na propia libraría.
O 23 de abril celebrarán o día do libro cun 10% de desconto en libros tanto na tenda física como na nosa web, e o día seguinte, venres 24 ás 19h teremos a presentación de "Fillos de Gael" do gran escritor Rodrigo Costoya, acompañado de novo polo escritor Rober Cagiao.