Comercio e Hostalería únense en Carballo por primeira vez para pasar un #NadalXuntos
A unión por Nadal da Asociación de hostalería, o Centro Comercial Aberto, e o comercio local carballés é a idea fundamental da nova campaña lanzada co apoio municipal. É a primeira vez que hostalería e comercio se unen nunha campaña para animar a pasar o #NadalXuntos, apostando pola seguridade nas compras de Nadal, de xeito que sirvan para reactivar a economía carballesa.
Para iso, a ambiciosa iniciativa “Este Nadal pasámolo xuntos, seguro!”, repartirá 65.000€ en premios, 25.000 en vales e outros 40.000 en efectivo. Así o anunciaron onte o presidente do CCA, Ricardo Pallas; o concelleiro de Promoción Económica, Xosé Regueira, e o alcalde, Evencio Ferrero.
“Apelamos á solidariedade coa actividade económica de Carballo para que todos poidamos saír adiante”, manifestou Pallas. “Se hai bos resultados para o comercio e a hostalaría haberá bos resultados para toda a sociedade carballesa”, afirmou Regueira.
O desenvolvemento será a través dunhas tarxetas “rasca” que distribuirán os 78 comercios participantes e os boletos que entregarán aos seus clientes un total de 32 locais de hostalaría.
Novas relacionadas
- Hostalería e Concello de Carballo critican a limitada reapertura.
- COVID: Como afecta a nova “desescalada” e a reapertura progresiva da hostalería na Costa.
- A hostalería da Costa da Morte sae á rúa para pedir o seu “rescate Xa!”.
- A Hostalería de Carballo mantense viva en tempos de pandemia.