Luns. 18.01.2021
El tiempo

COVID: Como afecta a nova “desescalada” e a reapertura progresiva da hostalería na Costa

Mapa realizado por GCiencia sobre os diferentes niveis de restrición que adopta a Xunta este 2 de decembro de 2020
Mapa realizado por GCiencia sobre os diferentes niveis de restrición que adopta a Xunta este 2 de decembro de 2020
COVID: Como afecta a nova “desescalada” e a reapertura progresiva da hostalería na Costa

Semella que as manifestacións da hostalería, porque o presidente da Xunta vén de anunciar este mediodía a súa “reapertura progresiva” en toda Galicia a partir deste venres (dende a medianoite do xoves ao venres), e en función de diferentes modelos de restrición.

A Xunta levantou ademais o peche perimetral en 8 concellos, entre eles os afectados das zonas de Santiago e Ourense. Non toca na Costa da Morte, pois a realidade é que, agás os Concellos de Corcubión (sen casos), Fisterra, Camariñas e Laxe (entre 150 e 250), o resto de concellos superan a taxa de incidencia acumulada a 14 días de 250 casos por cada 100.000 habitantes.
Deste xeito, os peches perimetrais seguen vixentes pero con variacións: Carballo e A Laracha por un lado; Coristanco, Cabana, Malpica e Ponteceso por outro; Vimianzo en solitario e o conxunto Cee-Muxía-Dumbría. Curiosa a situación que vive o Concello de Laxe, pechado pero por mor dos peches perimetrais dos Concellos que o rodean.

En todo caso, segundo o mapa desta segunda desescalada de GCiencia, vemos como nos afectan os nvos niveis de restricións:

  • Nivel Máximo: Carballo e A Laracha (Reunións de máx. 4 persoas; e a hostalería reabrirá só coas terrazas ao 50% e con peche ás 17h).
  • Nivel Medio Alto: Coristanco, Malpica, Ponteceso e Cabana; Vimianzo; e Cee, Muxía e Dumbría: (Reunións de máx. 4 persoas; e a hostalería reabrirá co Interior ao 30%; as terrazas ao 50% e peche ás 17h).
  • Nivel Medio: Laxe: (Reunións de máx. 6 persoas; e a hostalaría reabrirá co Interior ao 40% e as terrazas ao 50%, e co peche ás 23h).
  • Nivel Baixo: Santa Comba, Mazaricos, Zas, Carnota, Muros, Corcubión, Fisterra e Camariñas (Reunións de máx. 6 persoas; e a hostalaría co Interior ao 50% e as terrazas ao 75%, co peche ás 23h).

Nadal na casa e a Ponte sen ir a Portugal

Sorprende a Xunta con dúas decisións de cara a esta ponte e a este Nadal. De cara a esta ponte, dende o venres 4, a Xunta prohibe viaxar a Portugal, restrición que estara en vigor ata o mércores 9.

Con respecto ao Nadal, se ben por agora non é unha decisión en firme, Feijoo, sinalou que estudan permitir xuntanzas de dúas unidades familiares, independentemente do número de membros.

O toque de queda das 23:00h mantense vixente.

 

Máis novas do COVID

Artigos relacionados

comentarios