Mércores. 25.11.2020
El tiempo

A Hostalería de Carballo mantense viva en tempos de pandemia

Establecimentos da Asociación de Hostalería de Carballo abertos en tempos de pandemia
Establecimentos da Asociación de Hostalería de Carballo abertos en tempos de pandemia
A Hostalería de Carballo mantense viva en tempos de pandemia

Está a hostalería da comarca en loita. Así o comprobamos onte na manifestación desenvolta nas rúas de Compostela á que acodiron numerosos representantes da nosa hostalería para pedir un Plan de Rescate.

Pero non son todo malas novas. A Asociación de Hostelería de Carballo vén de facer unha colleita dos establecimentos que segue abertos, loitando contra “vento e pandemia”. Son, por agora, 22 establecimentos que manteñen a súa oferta de café e/ou comida para levar, e que provocan algunha cola polas rúas carballesas.

Son varios os establecimentos que ademais ofrecen comida a domicilio, un servizo que comezou a funcionar a fin semana pasada con moi boas espectativas.

Novas relacionadas

comentarios