Aprobada a expropiación dos terreos para facer a rotonda do Parque Comercial A Revolta

Reforma do palco
Comezaron as obras de reparación do Palco da Música do Parque de Anllóns

Contonúan as obras de mellora do Parque do Anllóns. Foron os membros de Aspaber os que arranxaron 10 bancos do parque infantil coas cores do arco da vella. E onte comezaban os traballos de reparación do palco da música e da rampla de madeira.

O Concello non renovará a ponte, a pesar de estar nos orzamentos, pois están pendentes do Plan de Xestión do Risco de Inundación do Anllóns.

Un Plan no que xa están en marcha ou a piques de comezar obras como a demolición de edificación, reforma da ponte e creación dunha canle de augas altas na rúa Sol; a reforma integral do parque do San Martiño; a reforma da ponte da Casilla; a mellora hidráulica do río Anllóns ao seu paso polo enlace entre a AG-55 e a AC-552, na Cepeira (Sísamo)); e a realización dun bypass no Muíño do Quinto.

Rotonda para o Parque Comercial A Revolta

Así mesmo a Xunta de Goberno Local aprobou a de expropiación dunha parte dos terreos precisos para a execución dunha rotonda na AC-552, á altura da avenida da Revolta, prevista no PXOM. Unha rotonda que servirá de entrada ao Parque Comercial A Revolta, cuias obras seguen avanzando coa previsión de estar aberto en Nadal de 2022.

Formación

A Xunta de Goberno tamén acordou solicitar á Consellería de Emprego e Igualdade varios cursos formativos para presoas desempregadadas: soldadura electrodo revestido e TIG, operacións auxiliares de instalacións electrotécnicas e telecomunicacións en edificiios, cociña, montaxe de mobles e elementos de capintería, competencia matemática nivel 2, lingua castelá nivel 2 e lingua galega nivel 2.

Novas relacionadas