A compostaxe prémiase cunha planta
Son máis de 500 as familia que colaboran no programa de Compostaxe Caseira no rural de Carballo, e outras 1.200 as que o fan no seu homólogo urbano, “Ti tes a chave”. O Concello de Carballo quere agradecer a colaboración de todas estas familias, que convirten en composto 450 toneladas de resiudos orgánicos. E quere facelos agasallando cunha planta aromática a cada unha desas familias.
Así, o Concello instalará este xoves 10 de xuño e este domingo 13 (de 10:30h a 13:30h) unha carpa na rúa da Coruña e fixo entrega dunha chea de plantas Se tes algunha dúbida sobre a compostaxe aproveita para preguntar e se precisas bolsas compostables non te esquezas de pedilas.
O persoal do programa estará a disposición de toda a cidadanía para informar sobre as vantaxes da separación dos bio-residuos. Así que, se aínda non participas nos programas de compostaxe, pasa pola carpa, infórmate e solicita o teu composteiro ou a túa chave. Tes máis información en www.carballolimpo.com.
NOVAS RELACIONADAS
- Abril 21;: 1.253 familias e 123 establecimentos de Carballo teñen a chave da compostaxe urbana.
- Marzo 2021: 567 familias carballesas xa compostan na casa.
- Xuño 2020: As familias de Carballo xa superan a reciclaxe de 11.100 quilos na quinta fracción .