Xoves. 22.04.2021
El tiempo

567 familias carballesas xa compostan na casa

Elida SOUTO FERNANDEZ ALBORIS co seu composteiro
Élida Souto, unha veciña carballesa co seu composteiro
567 familias carballesas xa compostan na casa

Camariñas, Vimianzo, Malpica, Vimianzo, Zas, Mazaricos, Coristanco, Laracha Fisterra… Cada vez son máis os concellos da comarca que se unen ao programa de Compostaxe Caseira. Un programa do que Carballo é pioneiro, con xa 7 anos de vida, e que a día de hoxe xa chega a 567 casas do rural.

O Concello de Carballo non só facilita os composteiros de balde ás familias interesadas, senón que tamén lles entrega un aireador e unha malla para toupas, e, fundamentalmente, un programa de formación e seguimento personalizado. Ademais, dende mediados de decembro está a disposición das persoas usuarias do programa un punto de acopio de material estruturante ao que poden acudir libremente e de balde. Con esta iniciativa trátase de facilitar o labor da compostaxe a familias que carecen de recursos na súa parcela para realizar o aporte de materia seca que precisa o composteiro.

O Concello vén de facer entrega dos últimos 25 composteiros, e lembra que o prazo segue aberto pensando xa na seguinte fornada e tendo en conta que o único requisito é ter unha parcela dun mínimo 50 metros cadrados.

O programa, ideal para reducir o impacto dos residuos orgánicos e para preparar o teu propio abono, é compatible coa iniciativa “Ti tes a chave”, que se desenvolve na zona urbana xa con 1.376 participantes.

Novas sobre compostaxe

comentarios