Os Concursos de Entroido de Carballo repartirán máis de 10.000 euros en premios

Desfile do Entroido de Carballo do ano pasado
  • As inscricións estarán abertas até o 11 de febreiro para comparsas e carrozas e até o 15 de febreiro para disfraces de grupos, por parellas e individuais

Volve o Concurso de Comparsas, Carrozas e Disfraces de Entroido do Concello de Carballo, un dos desfiles con máis tradición da comarca, que este ano repartirá máis de 10.000 euros.
Deste importe, máis de 4.500 están destinados a gratificacións para premiar a participación na actividade, repartidos en 125€ para as comparsas infantís; 125€ para as comparsas de adultos de menos de 25 membros; 200€ para as de máis de 25 membros; e 300€ para as carrozas. Concederanse un máximo de 20 gratificacións para os 20 primeiros inscritos.
Ademais, está previsto entregar ata 17 premios e ata 1.000 euros en accésits, distribuídos da seguinte forma:


A inscrición poderá realizarse nas oficinas de Cultura do Pazo da Cultura ou no rexistro do Concello de Carballo no momento en que comece o prazo, que se iniciará nos próximos días: no caso de comparsas e carrozas ata o mércores 11 de febreiro; e en grupos, parellas e individual ata 1 hora antes do mesmo día do desfile, o domingo 15 de febreiro, nese caso na Praza do Concello.

Máis novas do Entroido