Outro contedor incendiado en Carballo
11 de setembro de 2024 (10:59 h.)
Mentres se desenvolve a nova folga do servizo de recollida de lixo de Carballo, volve aparecer un colector de lixo incendiado. Desta volta, aconteceu esta pasada noite do 10 de setembro na Ponte Rosende, arredor das 22:00h.
Os Bombeiros de Carballo procederon na extinción das lapas e na posterior comprobación da seguridade no perímetro, refrescando a vexetación lindeira para evitar o posible reinicio do incendio.
Na actuación tamén tomou parte a Policía Local de Carballo.