mércores. 30.04.2025
El tiempo

Prenden lume en Carballo a tres colectores de lixo en dúas noites

CCIA CORUNA - INCENDIO CARBALLO
Prenden lume en Carballo a tres colectores de lixo en dúas noites

A folga do lixo de Carballo está collendo os mesmos tintes agresivos que na cidade da Coruña. Xa son 3 os colectores incendiados en apenas dúas xornadas. 

Este domingo, os Bombeiros tiveron que acodir á rúa San Xoán Bautista, pois dous contedores foron incendiados, tendo mesmo que cortar a rúa por parte da Policía Local, e coa axuda de Protección Civil. 

Ademais, na pasada madrugada de sábado a domingo os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Carballo acudiron pasadas ás 02:30 a sufocar un incendio nuns colectores de lixo situado no lugar de A Brea, xunto o cemiterio vello, na Parroquia e Concello de Carballo.

No lugar ardían dous colectores de lixo orgánicos e ó lixo acumulado o seu carón. Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Carballo procederon a extinguir os restos de lixo afectados polo lume e a refrixerar toda a zoa.

Na intervención participou tamén unha patrulla da Policía Local de Carballo.

Máis novas

Comentarios