O coworking Movidas acolle o evento tipográfico-festivo Cañas & Tipos
Nado en Valencia no ano 2013, o evento Cañas & Tipos, foise expandindo a outras cidades como Madrid e Palma de Mallorca.
Dende o ano 2023 esta cita que espalla o amor pola tipografía a un público amplo, tamén se celebra en Galicia de xeito itinerante, aterrando en Carballo o vindeiro sábado 22 de febreiro, da man do coworking Laboratorio de Movidas a partir das 12 do mediodía, con entrada gratuíta ata completar aforo.
No encontro, dous perfís profesionais relacionados coa tipografía, a letra debuxada ou a caligrafía, comparten a súa experiencia coa disciplina, nun ambiente relaxado entre cervezas e petiscos. Desta volta estarán bordadora tipográfica Maite Canet o pintor de letreiros e murais Manuel Griñón.
Orixinaria de Valencia, Maite é deseñadora gráfica e especialista en bordado. Comezou hai uns 10 anos para desconectar e divertirse, e hoxe é parte importante do seu día a día. Co seu particular estilo, cheo de cor e texturas, crea as súas propias coleccións de «cancións bordadas» e alfabetos, ao tempo que realiza pezas por encarga e colabora noutros proxectos como Yorokobu.
Pola súa banda, o deseñador Manuel Griñón é sturiano de nacemento e coruñés de adopción. Deseña, debuxa e pinta letreiros e murais. O seu dominio do pincel é asombroso, podemos velo ilustrando unha parede de 4 metros de altura ou rotulando o escaparate tenda de barrio. Ladrillo, vidro, madeira, lousa...