Dani Pérez collerá o relevo de Evencio Ferrero
Evencio Ferrero vai dar o paso a un lado. Así o decidiu a asemblea do BNG carballés, celebrada onte, na que o grupo tomou a decisión de darlle un relevo ao histórico rexedor.
Ferrero, tras 22 anos como alcalde, deixará o relevo na Daniel Pérez (Carballo, 1977). Este mediodía darán unha rolda de prensa na que debullarán como será o proceso de renovación.
Pérez, actual deputado, é Licenciado en Derecho pola Universidad de A Coruña e avogado laboralista. Concelleiro do 2011 a 2019 e tamén dende 2023, así como deputado dende 2020, dará un paso esperado á fronte.
Evencio, aos seus 70 anos, deixa un legado impecable, tras demostrar que é posible comandar un proxecto político dende o consenso e o diálogo, sen espaventos e a base de feitos.
Carballo é a vila máis puxante da comarca, un dos poucos concellos que medra no rural galego, e un dos exemplos de como funciona a política municipal neste país: o BNG arrasa nas municipais con máis do 53% e acadando a maioría absoluta nas últimas 3 eleccións; mentres que nas Autonómicas continúa gañando o PP.
Continúa así o BNG realizando un proceso de renovación, como xa se viu cos nomeamentos das novas candidaturas de Laxe e Carnota.