Cristina Vázquez del Prisco será a candidata do BNG de Laxe ás Eleccións Municipais de 2027

Vanse perfilando as candidaturas locals do BNG de cara ás eleccións municiais de 2027. Así aconteceu xa en Carnota, e así vén de pasar en Laxe, onde o Consello local do BNG decidiu profundizar na renovación do partido e escoller a Cristina Vázquez del Prisco como candidata á Alcaldía de Laxe de cara ás eleccións municipais de 2027. A mestra e escritora toma o relevo de Xosé Manuel Pose Lema, despois de que o até agora máximo referente da organización comunicase a súa decisión de non repetir como cabeza de lista nos próximos comicios locais.
Cristina Vázquez xa ocupou o número 2 na candidatura nas pasadas eleccións e actualmente forma parte do grupo municipal do BNG, xunto co propio Pose e Isabel María Toja, tras ter logrado un gran resultado nas urnas, triplicando representación e cunha porcentaxe de voto nunca antes acadado.

A nova candidata encara o reto “coa máxima ilusión e responsabilidade, -explicou-, sabendo que teño ao meu lado un gran equipo de compañeiros e compañeiras dispostas a dar o mellor de nos mesmas, sen escatimar esforzos e cun gran obxectivo: conseguir a Alcaldía e que Laxe teña por primeira vez un goberno disposto a darlle ao noso concello o futuro que se merece”.
Vázquez del Prisco destacou que quedan por diante dous anos de intenso traballo, nos que o BNG vai “redobrar” esforzos, en contacto directo coa veciñanza, explicando o proxecto do Bloque para construír un Laxe mellor.
A nova candidata aproveitou a súa elección para destacar o “extraordinario” traballo de Xosé Manuel Pose ao longo dos últimos anos, subliñando a súa capacidade e experiencia política, o seu coñecemento do funcionamento da administración e a súa capacidade para xestionar, como demostrou na súa etapa como concelleiro de Turismo. “Pero sobre todo, quero destacar a súa gran faceta humana, a súa capacidade de crear equipo e de ilusionarnos incluso nos momentos máis difíciles, que tamén os houbo. Xosé Manuel Pose é un dos bos e xenerosos”, destacou Vázquez del Prisco.