Primitivo Pedrosa escollido como candidato á Alcaldía de Carnota polo BNG

22:06 28/05/25
A Asemblea Local do BNG de Carnota vén de elixir candidato por unanimidade, á alcaldía de Carnota nas vindeiras eleccións municipais de 2027 a Primitivo Pedrosa.
Coñecido como "Primi", e veciño de Vilar de Carnota, é unha referencia no sector do mar do sur da comarca, gracias á súa labor integradora a bordo da súa embarcación de pesca artesanal María Rosa, II con base no porto de Muros.
Na actualidade tamén ostenta a representación dos armadores de pesca artesanal de baixura na Confraría de Pescadores de Muros, destacando pola súa laboura incansable, e dende fai anos, a prol dos intereses dos traballadores do sector pesqueiro en distintas instancias, tanto a nivel autonómico, estatal e mesmo europeo, participando en distintos foros como experto no Parlamento Europeo e na Comisión Europea.
A nivel organizativo Primitivo é membro da Comisión de Pesca do BNG e formou parte nas distintas candidaturas do BNG as eleccións, ás municipais do 2023, ao Parlamento Europeo, ao Congreso dos Deputados e ao Parlamento de Galicia.