Detido un condutor sin carné reincidente
07 de xuño de 2017 (20:24 h.)
O pasado martes, unha patrulla da Garda Civil de Tráfico detivo a un veciño de Carballo - I.B.A. de 25 anos - que circulaba nun Audi modelo A4 por carecer de permiso de conducción por non obtelo nunca. Segundo sinalan os axentes de Tráfico, o conductor posee unicamente unha licencia válida para a conducción de ciclomotores e, con anterioridade, xa fora investigado en once ocasións máis por delitos contra a seguridade de Tráfico.
Por este motivo, o equipo de Atestados e Informes pertencente ao Subsector da Agrupación de Tráfico da Garda Civil da Coruña, unha vez máis, confecciona dilixencias nas que se procederá a instar á autoridade xudicial para o comiso do vehículo usado nestes delitos debido aos numerosos antecedentes que ten o sancionado. As dilixencias serán remitidas ao Xulgado de Garda de Carballo.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Garda Civil