Luns. 06.05.2024
El tiempo

Detido en Cee por 3 delitos tras intentar fuxir dun control de Tráfico

Detido en Cee por 3 delitos tras intentar fuxir dun control de Tráfico
O detido deu positivo por cannabis e cocaína O detido deu positivo por cannabis e cocaína

Na mañá de onte domingo Axentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil procederon á detención en Cee de S.F.T. pola súa implicación en dous delitos contra a Seguridade do Tráfico e un de Desobediencia e Resistencia aos Axentes da Autoridade.

Corrían as 07:45h da mañá dominical, cando o individuo a bordo dun Renault Clio tratou de fuxir dun control realizado polo Destacamento de Corcubión do Subsector da Agrupación de Tráfico da Coruña, control que se estaba realizando na vía AC-550 no término municipal de Cee e consistía en realizar probas de alcoholemia e drogas. Ante a presenza dos Axentes o condutor do Clio comezou a executar manobras evasivas a gran velocidade e de gran perigo para os usuarios da vía, chegando a invadir a beirarrúa peatonal en varias ocasións.

Pero o coche quedou sen gasolina e os membros da Benemérita puideron cazalo a pesar de que intentou abandonar o vehículo e saír correndo. Nese proceso resultou ferido leve un dos Axentes.

Quedou detido pola comisión de varios delitos: delito de condución temeraria, un delito de condución baixo os efectos das bebidas alcohólicas e drogas (cannabis e cocaína), e un delito de desobediencia e resistencia aos Axentes da Autoridade.

Ao acompañante investígaselle igualmente por un delito de desobediencia e resistencia xa que tamén tratou de escabullirse do lugar dos feitos.

Das dilixencias confeccionadas por estes feitos deuse oportuna conta ao Xulgado de Instrución nº 2 de Corcubión.

Fonte

Comentarios