Fernando Cabeza Quiles descobre a riqueza da microtoponia carballesa a máis de 150 estudantes

Fernando Cabeza Quiles de ruta toponímica co estudantado carballés

 

Seguen en marcha as rutas guiadas pola microtoponimia urbana, artelladas pola Concellaría de Arquivos, Bibliotecas e Normalización Lingüística para o alumnado de secundaria da vila. No marco do proxecto "Carballo na memoria", e da man do profesor, escritor e experto en toponimia Fernando Cabeza Quiles, máis de 150 estudantes de 4º da ESO e 1º de bacharelato, están visitando diferentes lugares da vila para coñecer a riqueza da súa toponimia.

Así, aprenden dende onde veñen nomes tan singulares como a Casilla, a Fonte da Cristina, os Baños Novos e os Baños Vellos, A Goubea... como fixeron o pasado día 13 o alumnado do IES Monte Neme, e esta semana os de IES Parga Pondal.

Galicia Nomeada

O Concello invita a colaborar no proxecto Galicia nomeada, unha vez que as 20 persoas que participaron o ano pasado nos obradoiros da Real Academia Galega dirixidos por Vicente Feixo, engadiron máis de 100 microtopónimos. Nestes momentos están recollidos 1.114, pero aínda queda moito traballo por facer. 

 

 

Máis novas