domingo. 10.11.2024
El tiempo

Verdillo si é con V

Xornadas de Toponimia Verdillo-Carballo
Xornadas de Toponimia en Verdillo
Verdillo si é con V

Interesantes e implicadoras as Xornadas de microtoponimia que desenvolveu o Concello de Carballo durante o mes de setembro. No marco do proxecto Carballo na memoria, varias zonas do concello recibiron as conferencias de especialistas como Vicente Feijoo, Xan Fraga, Xosé María Lema, Fernando Cabeza Quiles, Helena Dominguez e Antón Moure. Pero sobre todo foi a participación da veciñanza a que fixo destas sesións un fito relevante, e permitiu engadir máis de cen microtopónimos carballeses á plataforma Galicia Nomeada.

Lembrouse que Carballo foi coñecido nun principio como Os Baños de Carballo ou que hai un lugar chamado A Goubea que serviu de base para o primeiro vídeo dunha serie audiovisual sobre microtoponimia carballesa, lanzado pola Concellaría de Bibliotecas, Arquivos e Normalización Lingüística, chamada “Barrios de Carballo”.

Verdillo é con V

Unha das citas con máis participación foi a de Verdillo. Xose María Lema Suárez presentou o libriño realizado sobre a parroquia, e deixou claro que debemos escribir Verdillo e non Berdillo. Un traballo que o Concello de Carballo editou e do que xa se repartiron máis de douscentos exemplares, e que seguen a distribuírse a través da asociación Arume entre a veciñanza interesada.

As xornadas contaron coa música das cantareiras de Arume, que tamén son fonte de sabedoría en materia de toponimia.

 

Máis novas da toponimia

Comentarios