Fernando Cabeza Quiles descobre a riqueza da microtoponia carballesa a máis de 150 estudantes

Seguen en marcha as rutas guiadas pola microtoponimia urbana, artelladas pola Concellaría de Arquivos, Bibliotecas e Normalización Lingüística para o alumnado de secundaria da vila. No marco do proxecto "Carballo na memoria", e da man do profesor, escritor e experto en toponimia Fernando Cabeza Quiles, máis de 150 estudantes de 4º da ESO e 1º de bacharelato, están visitando diferentes lugares da vila para coñecer a riqueza da súa toponimia.
Así, aprenden dende onde veñen nomes tan singulares como a Casilla, a Fonte da Cristina, os Baños Novos e os Baños Vellos, A Goubea... como fixeron o pasado día 13 o alumnado do IES Monte Neme, e esta semana os de IES Parga Pondal.
Galicia Nomeada
O Concello invita a colaborar no proxecto Galicia nomeada, unha vez que as 20 persoas que participaron o ano pasado nos obradoiros da Real Academia Galega dirixidos por Vicente Feixo, engadiron máis de 100 microtopónimos. Nestes momentos están recollidos 1.114, pero aínda queda moito traballo por facer.