O Garabato inaugura expo no marco do Curuncho Cuir
Xa vimos o completo programa do Curruncho Cuir, o novo espazo LGTBIQ+ que prepara Carballo para este sábado. E nese marco, unha das citas singularaes será a inaguración da exposición colectiva "Sen permiso: palabra e corpo" no Estudo Garabato de Carballo.
A inauguración da mostra terá lugar o sábado 6 de xuño ás 13:30 horas, en sesión vermú, e contará coa participación de creadoras e creadores procedentes de diferentes ámbitos artísticos e literarios, entre eles Rosalía Fernández Rial, Paco Souto, Mon Lendoiro, Cristina Castro Santiago, Jesús Suárez, Santiago Picos Díaz, Farruco Graña, Loli Fernández España, Wonder Flan, Yoli López, Modesto Fraga Moure, Antonio Andrade Figueiras, Xaime Trillo, Luis Gabriel Pesce Periz, TUSET, Petra Von Kant, Isabel Soutullo, Santiago Pazos Iglesias, Maribel Castiñeira Varela (XMÑ), Pura Tejelo, Ramón Lema, Dípataca e outros autores e autoras que se incorporarán proximamente ao proxecto.
“Sen permiso: palabra e corpo” é, en definitiva, unha celebración da diversidade, da creación artística e da liberdade. Un encontro entre corpos, palabras e miradas que reivindican un principio tan sinxelo como esencial: toda persoa ten dereito a existir e expresarse libremente, sen ter que pedir permiso para ser quen é.