luns. 12.05.2025
El tiempo

Mhaseba estreou no Garabato a exposición "Paisaxes imposibles"

Mhaseba no Garabato.jpg 2
Mhaseba estreou no Garabato a exposición "Paisaxes imposibles"

Numero público achegouse á hora do vermú este domingo á inauguración da exposición de Mhaseba "Paisaxes imposibles", onde a autora, María Haída Serradilla Ballinas (natural de Ponferrada pero residente na Coruña dende 198) falou do todo o seu proceso creativo.

En palabras da autora: "Paixases imposibles" son pezas completamente meditativas para os que non utiliza referentes de outros creadores, tampouco as planifica, sinxelamente se deixa levar cando se enfronta ao lenzo en branco, Déixandoxe influenciar pola emoción da intuición, deixando que esta flúa sen perseguir nada en concreto. Provocando que atrape graficamente a creación da beleza, un transmitir de moitas percepcións e sobre todo provocar impacto para quen as contempla. Dunha pequena tizna de cor poderían xurdir infinitas imaxes pero os trazos e manchas dos lenzos sempre a dirixen por levala cara ás paisaxes, Paraxes que están a medio camiño entre o real e o abstracto, o que dificulta atopar algo semellante na propia natureza, e por iso, que desta condición xurden os paisaxes inventadas os cales decidiu chamar "paisaxes imposibles".

Mhaseba no Garabato.jpg 1

Algúns destes cadros van acompañados de poemas porque tamén escribe, estes mesmos escritos están reunídos nun libriño que sempre a autora sortea ao peche da sua exposicións entre os compradores que adquiriron algunha da súa obra. O seu fío condutor é contribuír a facer o mundo un pouco mellor. Chámalle deixar "pegada animal", entón "o que pretendo é destinar parte do beneficio do meu traballo a diferentes causas", como explica no seu instragram.

Mhaseba no Garabato

Comentarios