Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Toño Galán no Estudo Garabato: “O mundo é unha tolaría e a arte dá constancia diso”

Toño Galan no Estudo Garabato
Toño Galán no Estudo Garabato
Toño Galán no Estudo Garabato: “O mundo é unha tolaría e a arte dá constancia diso”

Este domingo o Estudo Garabato de Carballo inaugurou a exposición "A nave dos tolos" de Toño Galán. O numeroso público que asistiu puido escoitar nas palabras do autor como xirdiu esta esposición e porque a trouxo a Carballo. O artista santiagués agradeceu a Artista Carballesa Milagros Cotelo e a súa irmá pois foron elas quen presentaron a Mon Lendoiro e como entre eles argallaron a posibilidade de facer esta mostra, pois o autor levaba mais de 10 anos sen amosar casi nada por mor dunha crise creativa.

Expo de Toño Galan no Estudo Garabato 3

Na “Nave dos tolos" o autor “fálanos dos demos que temos os humáns dentro das nosas cabezas e que con motivo da pandemia agravouse e do cal non aprendimos casi nada”, explícanos o galerista Mon Lendoiro.

“A nave dos tolos” vén fiada a partir do cadro de Hieronymus van Aeken Bosch, “El Bosco”. En propias palabras do autor, urante o confinamento de 2020 falouse moito en colectivo e seguro que se pensou moito individualmente do que ía ser a “nova normalidade”. Todo ía ser distinto, íamos ser persoas máis solidarias, amables e o mundo enteiro ía cambiar (pra bem).
A nave dos tolos tenta ser unha metáfora do que está ocorrindo. Saimos peores ou polo menos moita xente expresa que aquelas ilusións xurdidas no 20 durante o shock de todo o acontecido non tenhen ningún tipo de forma pasados os anos e lonxe disto, a cousa empeorou”, explicou.

”Sempre me interesou moito o mundo da loucura. Que é estar tolo? Unha diagnose médica xa decide quen está tolo? A arte das persoas ás que denominaban tolas sempre estivo a meu carón. A súa liberdade expresiva e unha infinda imaxinación amosan que certo punto de loucura é imprescindible pra o acto de creación”, sinalou.

”Nas obras que presento nesta mostra realicei unha exploración interna co tema da loucura de fondo en todo momento. Os procedementos técnicos son o máis naturais posibles e de xeito integral realicei tamén os marcos que as contenhen (no caso da pinturas) e tamén aproveitei algúns que rescatei do lixo. Os papeis empregados son feitos á man e os pigmentos que componhen as acuarelas tamén son feitas manualmente por min. O mundo é unha tolaría e a arte dá constancia diso”.

Expo de Toño Galan no Estudo Garabato

Expo de Toño Galan no Estudo Garabato 2

Comentarios