O Garabato pecha a exitosa exposición de Loli España cun recital
20 de agosto de 2024 (08:43 h.)
Este xoves 22 de agosto, ás 20: 30 horas da tarde, con motivo da clausura da exposición pictórica "Micromundos" de Loli España, o Estudo Garabato acolle un recital poético a cargo dos poetas e escritores: Dora Mato, Carmen G. Llorente, Pura Teijelo, Jesús Artextasis… e máis todos aqueles que queiran unirse serán benvidos.
O acto será presentado polos artistas Mon Lendoiro e Loli España, con algunha sorpresiña máis…