Andrés Urbieta estreou a súa primeira exposición no Garabato
Numero público recibiu onte a posta de longo de Andrés Urbieta na Galería Garabato. Quedou pequeno o estudo de Mon Lendoiro entre amizades, familia e público en xeral, que non se quixeron perder a primeira exposición deste novo artista carballés. Aos seus 22 anos, apenas acaba de rematar os seus estudo e estreouse en solitario, tras varias exposicións colectivas, coa mostra "Trazados de un artífice Plastico”.
”A sala dividiuse en tres partes”, explica un Lendoiro que sempre aposta polos artistas emexentes locais. “A primeira, que é mais pictórica e ilustrativa, recolle as súas primeiras obras, onde predomina o debuxo e o detalle e o estudo da cor. Na terceira, mais experimental, predominan as obras conceptuais e experimentais, onde podemos observar o ben que se atopa o autor. E a segunda, facendo división, é unha mestura dos seus derradeiros traballos, con trazos ilustrativos con colores impresionistas”.
En palabras do propio artista: “O fío condutor da miña obra trata dunha análise na experiencia do próximo e do cercano sobre o noso entorno, é decir, o lugar que nos define. De modo que a produción das miñas ideas artísticas emerxen da cidade e das súas paisaxes circundantes. O espazo habitado pasa a ser un obxeto de reflexión, busco nel unha maneira de navegar sobre a materialidade explícita da ciudad, orixinando unha nova reinterpretación do noso lugar.
Ademaís, parto da idea da cidade como un sistema complexo de signos e símbolos en interacción constante, e a manera de interpretalos e entendelos, convírtese na miña línea de traballo tanto na pintura como na escultura.
Como consecuencia desa mobilidade que hai día a día na cidade, nace un interese por analizar os obxetos que se van acumulando causado pola contaminación. Esa proliferación de residuos convirtiese na miña nova paleta como pintor e empezo a traballar obras inspiradas na paisaxe, neste caso a partir de carteis encontrados e outros elementos. Moitos dos materiais recollidos foron utilizados en parte do proceso creativo despois de explorar suas características. No material de reciclaxe existe unha amalgama de características que e necesario seleccionar. A idea de sumar ou restar obxectos xurde da miña valoración e criterio, teño presente os rasguños producidos pola súa descomposición.
Os proxectos mostran unha especie de novo escenario no que está incidido pola xuxtaposición e a mestura de materiais e outras técnicas como collage, fotografía e pintura captada desde a miña visión. Ademais, este intento de facer convivir o obxecto na obra tamén reflexiona sobre a cidade como medio de interpretación no que as mensaxes, a cotidianidade e a publicidade adicional son temas recorrentes que afectan á nosa realidade. Implicitamente, as miñas obras teñen un fin ecolóxico. Moitos dos materiales recollidos son desperdicios, carentes de valor, que campan a suas anchas como consecuencia dunha sociedade consumista que prolifera a contaminación do medioambiente”.