Mércores. 23.10.2024
El tiempo

Cheo no Garabato para estrear a expo de Loli España

Exposicion Loli Espana no Garabato
Exposicion Loli Espana no Garabato
Cheo no Garabato para estrear a expo de Loli España

Excepcional acollida na Galería Garabato de Carballo para inaugurar a exposición Micromundos, de Loli España. A artista, afincada en Coristanco, contou ademais coa colaboración da soprano Susana de Lorenzo, que cantou duas pezas.

Notose a ligazón coa comarca de Bergantiños desta Licenciada en Belas Artes, cun Máster en Creatividade na UDC e un ciclo de Técnias de Volume na Escola Pablo Picasso da Coruña. Residente na súa casa familiar de Capelán, é habitual colaboradora, dende a pandemia, do Concello de Coristanco, onde foi nomeada Pioneira. Estes días, ademais, comisaria unha expo no Balneario de Carballo, onde acaba de expoñer tamén.

Ten exposto en María Pita, en ducias de Concellos do país, en Madrid ou en Portugal… Desta volta, xoga coa reciclaxe, e utiliza a súa arte para enfrontar problemas da vida a través da arte, os “escuros”, o medo, a vellez, os que rouban o aire, os que fan morrer soños, os que enganan, os que fan sufrir…. “Pero tamén hai moita luz, moitos faros na Costa que nos iluminan”, valora dende a súa arte.

Máis novas

Comentarios