“Live in Cances”: As bandas de Cances xa teñen o seu CD
O vindeiro 11 de outubro, o Casino1889 de Carballo acollerá unha presentación moi especial. A Asociación Cultural San Campio presenta o disco “Live in Cances”, un cd gravado nos locais de ensaio habilitadas nas antigas escolas unitarias do lugar carballés, que recolle temas das bandas locais que aí ensaian. É unha fermosa forma de celebrar os 25 anos da Asociación.
A historia é ben completa. antes de ter o local social, as familias do lugar usaban esporadicamente unha aula das antigas escolas unitarias de Cances, onde estaban as antigas viviendas dos mestres que estaban totalmente abandonadas. Estiveron moitos meses rehabilitándoas para reconvertilas en local de ensaio, convertíndose nun espazo usado por numerosas bandas carballeses ao longo dos anos.
Actualmente son 8 as bandas que ensaian nos dous locais habilitados, un deles (o que era a cociña) serve como pequeno estudio de gravación, gracias tamén á colaboración municipal.
Así, para celebrar estes 25 anos, decidiron gravar un disco común, no que participan as bandas The Cerne, Aquilon, Versión Imposible, Tu Futura Ex-mujer, Lowcos, Thrust & Music e Paracetafolk. Cun guiño as cantareiras de todo o país e da propia Asociación, o disco inclúe 3 temas seus, que pasan por ser as súas primeiras gracacións.
As gravacións, coordinadas por Jaime Regueiro, realizáronse no primeiro semestre deste ano, e xa están listas as 500 copias do cd “Live in Cances” (deseño de Alex Pardiñas), chamado asñi para manter vivo legado do festival Musical que levan organizado dende hai xa 18 anos.
Agora, a gran cita de presentación, con moita música, xa ten data, o 11 de outubro no Casino.