O Live in Cances cumpre a maioría de idade
07:34 06/11/24
18 anos cumple o festival Live in Cances. A aposta pola música rocanroleira bergantiñá da Asociación Cultural Sancampio de Cances, Carballo, volve este venres 15 de novembro. A partir das 22:00h, o Local Social da entidade recibe aos grupos locais Mal Juicio, do que xa nos falou o noso picadiscos de referencia, e Versión Imposible, a coñecida banda de covers que está de 10º aniversario.
A xornada completarase o sábado 16, cun Magosto popular. A partir das 19:30h haberá teatro o Grupo de Teatro de Sofán e música co Trío Mar de Caión, aderezado con castañas asadas, chocolate, biscoitos e viño.