O Live in Cances, a gran festa do rock carballés, volve con novidades e esperados regresos
Sempre é unha gran festa do rock carballés o Festival Pop-Rock Live in Cances, organizado pola A.C. Sancampio. E non vai ser menos este 2017, coa XII edición desta cita que terá lugar este vindeiro venres 10 de novembro a partir das 22:00h, no Local Social de Cances e con entrada de balde.
Este será un ano con moitas novedades, debuts e presentacións no que poderemos escoitar o mellor pop-rock que soa na zona. Por exemplo, volven aos escenarios os míticos Versión Imposible, grupo carballés de versións dos anos 80, tras un pequeno paréntesis, nun concerto que servirá ademais para presentar á súa nova vocalista Jenni.
Outra das novidades será o debut de Flying Knives (antes Tomajauk), grupo de recente creación formado por Cris (voz), Míchel (baixo e sintes), Alejandro (guitarra), Nacho (guitarra) e Jose (batería). A banda lanzarán os seus “coitelos voantes” cun rock guitarreiro ben cañero.
Completan o festival Psychofonía, banda carballesa que colle o relefo dos míticos Lowcos. Suso Serrano (voz e guitarra) e Nacho Ferrero (guitarra), xunto con outro conocido da escena musical carballesa, Nanny Mouro (baixo e guitarra) e o batería pontecesán Alvaro Souto, deciden formar Psychofonia, para traernos unha nova idea que vai dende o rock máis clásico a outros sons máis modernos.
Máis novas musi-costeiras
- Almánimal lanza a súa primeira maqueta para arrasar no verán.
- Da tradición da Raigañas, ao lírico do Conservatorio e ao pop do Youtube, con Icía Varela.
- Xurxo Trillo: Da #VozKids ao Youtube… e a Disney.
- Almánimal, rock galego anticorrupción.
- Rosalía en clave de reggae costeiro.
- O mundo da música costeira despide a Alan Louzán.
- Route-552: O R&R da Costa da Morte.
- Aula 11, os anfitrións da festa do Xiria Pop.
- Os Rap-arigos de Corcubión, con Leo KCh.
- O Rock sae da Escola á Rúa en Carballo.
- Serj rende homenaxe ao Rei das Mareas, Modesto Tajes Sánchez.
- Os xalleiros Gran Soul Band estrean videoclip en ruta.
- Os Irmandiños xa teñen CD e cómic.
- Aula 11 cruza o telón de grelos a ritmo de garage.
- Coso Carnóbrigo: Folk Metal carnotán para o Festigal.
- AnaKrusa, unha banda ceense na conquista do festival nacional MusicAula 2015.
- O Colectivo Badlaifé dá o salto e xa graba rap en italiano.
- Serj amosou o orgullo costeiro na presentación do seu disco Velaivén.
- Unha BSO roqueira por e para Carballo.
- A banda costeira The Suffering presenta o seu primeiro proxecto musical.
- Serj cántalle á súa Costa da Morte.
- O Colectivo Baidlafé demostra o potencial rapeiro da Costa cun novo videoclip.
- Unha historia de Cráneos e Ósos na DeadCoast.
- A Costa da Morte en clave de rap co carnotán Yeray Vázquez.
- Os Trapos Sucios, gañadores do Rock in Río Tea.
- Nordés Project. Folk-pop ceense no Musicaula 2014.
- Corcubión bailou a ritmo do Rebumbio.
- Leö KCH: “O Rebumbio é bo para todos. A unión fai a forza”.
Máis novas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).