Luz Pardo incorpórase á directiva de APTCM
09 de marzo de 2026 (07:51 h.)
A empresaria carballesa, CEO do Grupo Gestán e fundadora de Cafés Lúa e Espazo Nature será a tesoreira en sustitución de Guillermo Iglesias de Asteria Beach que viña ocupando o cargo ata agora.
Na reunión da directiva de APTCM trasladouselle a información á nova tesoreira e preparouse a asamblea anual que se celebrará en Vimianzo o mércores 15 de abril as 17h en primeira convocatoria e as 17:30h en segunda.
Outro dos puntos a tratar foi o estudio dos estatutos de CMAT que se pretenden modificar na próxima asamblea xeral do ente xestor do xeodestino.
A directiva coincide na importancia da colaboración publico-privada que forma parte do adn e sinal de identidade do xeodestino e que acada os parabéns das administracións autonómica e provincial.