luns. 09.03.2026
El tiempo

Luz Pardo incorpórase á directiva de APTCM

Luz Pardo na nova directiva de APTCM
Damián Álvarez, Gubem Event e secretario de APTCM, José Ramón Fernandez, Balneario Baños Vellos e Vogal, Rosa Sanchez, Casa de Trillo e vogal, Pepe Formoso, Bela Fisterra, Bela Muxía e presidente, Luz Pardo, Tesoreira, Julio Castro, Dtor. Parador Costa da Morte e vicepresidente, e Inés Silva, Islow Coliving e vogal
Luz Pardo incorpórase á directiva de APTCM

A empresaria carballesa, CEO do Grupo Gestán e fundadora de Cafés Lúa e Espazo Nature será a tesoreira en sustitución de Guillermo Iglesias de Asteria Beach que viña ocupando o cargo ata agora.

Na reunión da directiva de APTCM trasladouselle a información á nova tesoreira e preparouse a asamblea anual que se celebrará en Vimianzo o mércores 15 de abril as 17h en primeira convocatoria e as 17:30h en segunda.

Outro dos puntos a tratar foi o estudio dos estatutos de CMAT que se pretenden modificar na próxima asamblea xeral do ente xestor do xeodestino.

A directiva coincide na importancia da colaboración publico-privada que forma parte do adn e sinal de identidade do xeodestino e que acada os parabéns das administracións autonómica e provincial.

 

Comentarios