O peche do verán, de novo coa viaxe musical do Xiria Pop
30 de xullo de 2025 (07:39 h.)
Os 19 e 20 de setembro, o fin de verán musiqueiro na Costa da Morte chega a ritmo popeiro. A 28ª edición do Xiria Pop encherá de música de calidade o Casino 1889, porque se algo caracteriza este pequeno festi, é a súa escrupulosa elección das bandas protagonistas.
8 bandas conforman o mapamundi da viaxe musical deste ano, chegan dende Ferrol, Hamburgo, Escocia, Asturias, Vigo, Rías Baixas e Cantabria.
Este ano non hai entradas de un día, e o bono de 2 días é de 20 €, así que bulide no Woutick.