Sábado. 12.10.2024
El tiempo

Resaca da boa na familia do Xiria Pop trala exitosa visita de The Stems

The Stems no Xiria Pop 2024 no Casino Carballo-Foto-Oscar Caamano 2
The Stems no Xiria Pop 2024 no Casino Carballo-Foto-Oscar Caamaño
Resaca da boa na familia do Xiria Pop trala exitosa visita de The Stems

”Resaca da boa” ten leva esta semana a familia da asociación O Molete Psicopop. A 27ª edición do Festival XiriaPop foi todo un éxito, mesmo completando o aforo do Casino 1889 de Carballo na xornada sabatina, un fito histórico para o festival.

Porque a visita de The Stems, mítica banda australiana que elixiron Carballo como unha das paradas da xira europea que están a realizar para celebrar os seus 40 anos de vida, foi unha fermosa festa. Así, o sábado contaxiouse un ambiente fantástico, con bandas, ademais da australiana, moi divertidas e frescas. “Está mal que o diga eu, pero foi un éxito total”, sinala satisfeito o armadanzas do festival Xabier Graña.

The Stems no Xiria Pop 2024 no Casino Carballo-Foto-Oscar Caamano
The Stems no Casino- Foto-Oscar Caamaño

Polo escenario do Casino pasaron bandas como Pablo Leira (Ferrol), Lunamotos (Cedeira), The Bo Derek’s (Vigo), Carolina Otero & The Someone Elses (Valencia), Pablo Solo (Cantabria), Eh, Mertxe! (País Vasco), ou Holiday Ghosts (Brighton-Inglaterra), dando conta dos bocados groumet polos que aposta sempre este festival, no que a calidade é a premisa primordial.

Homenaxe a You

O festival quixo render homenaxe a You, eterno carballés deses que non fallaba a unha cita rocanroleira en Bergantiños, que faleceu este ano por un cancro.

Suso Serrano do Casino coa homenaxe a You no Xiria Pop 2024 no Casino Carballo-Foto-Oscar Caamano
Suso Serrano, do Casino1889, coa foto homenaxe a You no Xiria Pop 2024-Foto-Oscar Caamaño

Exposición

O festival completouse cun par de actividades paralelas, da man da Concellaría de Arquivos, Bibliotecas e Normalización Lingüística. Tiveron lugar na Biblioteca Rego da Balsa a presentación do poemario de Carolina Otero, así como do álbum “Lo tengo en vinilo”, o libro de Óscar Avendaño.

Máis emotiva se cabe foi a inauguración da exposición de Óscar Caamaño, fotógrafo eterno do Xiria Pop, tamén feita libro, e que está aberta na Biblio Rego da Balsa durante un mes.

Exposicion de Oscar Caamano na Biblitoeca Rego da Balsa 2+

Exposicion de Oscar Caamano na Biblitoeca Rego da Balsa

Máis novas

Comentarios